Pestanas principais

O Centro Multifuncional do Milladoiro é un novo espazo para a formación, a inclusión, a mocidade, a cultura e a dinamización económica de Ames

Sábado, 12 de setembro de 2026

Esta mañá inaugurouse o Centro Multifuncional do Milladoiro, situado na rúa do Muíño Vello. Trátase dun novo espazo que nace para ser punto de encontro, de aprendizaxe e de convivencia, que acollerá actividades dirixidas á poboación máis nova e tamén a persoas vulnerables e en risco de exclusión social. Está previsto que durante este mes de setembro se impartan os primeiros cursos de formación neste espazo. Este novo equipamento público nace co obxectivo de organizar actividades de formación, culturais, de ocio; e está dirixido á mocidade, ao emprendemento e a crear comunidade. O edificio está construído principalmente con formigón, cinc, vidro e madeira, e baixo parámetros de eficiencia enerxética.

O acto de inauguración do Centro Multifuncional do Milladoiro realizouse hoxe ás 12.00 horas. Dito acto estivo presidido polo alcalde de Ames, Blas García; o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez; a concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz; a técnica municipal de inserción do Concello de Ames, María Lloves; e o arquitecto de Estudio Técnico Gallego SA, Isidro López.

O alcalde de Ames, Blas García, mostrouse satisfeito: “por fin, por fin podemos inaugurar este centro multifuncional, que tanto traballo e rompeduras de cabeza nos deu. Este é un edificio de proximidade, que foi feito por unha empresa de Ames, e para que toda a xente do Milladoiro e de Ames poida vir aquí a formarse e que poida atopar un emprego. Ter un emprego de calidade achega dignidade. Nós desde aquí imos impartir formación e tratar de axudar ás persoas. Somos o concello máis xove de Galicia e este centro vai ser importante para a mocidade para xuntarse e poder formarse. O noso obxectivo é crear en toda esta zona, arredor do centro multifuncional, un gran espazo dedicado á mocidade de Ames, cun anfiteatro, zonas deportivas, e con outras infraestruturas que imos a executar no futuro”.

Por outra banda, o rexedor municipal tamén dixo “que O Milladoiro merece ter un centro coma este. O Milladoiro actual non ten nada que ver co Milladoiro de hai anos. Cando acabe este mandato imos ter un Milladoiro totalmente distinto ao que había. No que vai de mandato este goberno municipal leva xestionados para O  Milladoiro máis de 80 millóns de euros, a inversión máis grande que conseguiu un goberno municipal para O Milladoiro”.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, dixo “hoxe abrimos un novo espazo onde xuntarse, aprender, onde compartir e desenvolver actividades, en definitiva un novo lugar para facer comunidade. Ames é un concello que non para de medrar e cunha poboación moi nova. Ese crecemento ten que ir da man de máis servizos públicos, de lugares de encontro e de espazos nos que a xente poida compartir e convivir. Eu creo que este centro representa moi ben esa idea. Ames é tamén un referente na prestación de servizos culturais e formativos, e este novo centro vai a reforzar ese ecosistema, apostando por ofrecer máis oportunidades e mellores servizos públicos. Este edificio é un bo exemplo de para que serven os fondos europeos de desenvolvemento urbano cando se fai unha boa xestión. Estes fondos serven para crear servizos públicos, recuperar e transformar espazos, para crear lugares de encontro, e para xerar comunidade”.

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias da Xunta de Galicia, Sandra Vázquez, destacou que “este centro multifuncional é un espazo pensado para as persoas, para a convivencia e para dar resposta ás necesidades dunha sociedade dinámica, activa e en constante evolución. Dende a Xunta de Galicia temos moi claro que a cooperación coas entidades locais é fundamental. As axudas públicas teñen sentido cando se traducen en melloras concretas e cando permiten mellorar un servizo, crear espazos ou mesmo ofrecer novas oportunidades ás persoas. Desde o goberno autonómico seguiremos apoiando aos Concellos galegos mediante diferentes liñas de colaboración e financiamento, porque sabemos que investir nos Concellos é investir no benestar dos galegos e galegas. Un edifico por si só non fai comunidade, o que fai comunidade son as persoas que o enchen de vida”.

A concelleira de Promoción Económica do Concello de Ames, Ana Belén Paz, dixo “por fin chegou o día no que podemos inaugurar este centro multifuncional para a promoción económica, o lecer e a cultura. Hoxe é un día moi importante para o persoal que imparte os cursos que ofrecemos ao longo de todo o ano. Dende hoxe temos un novo espazo para axudar aos nosos veciños e veciñas na busca de emprego, algo moi importante no día a día dunha persoa. Pero tamén é importante para a nosa xuventude, para que poida xuntarse, participar en actividades e facer cursos da man da Concellaría de Mocidade”. Ademais, destacou que “na actualidade en Ames hai 1.105 persoas desempregadas, e non pararemos de traballar ata ser un dos concellos con menos taxa de desemprego”.   

Proximidade, inclusión e oportunidades
A técnica municipal de inserción do Concello de Ames, María Lloves, foi a encargada e facer unha presentación sobre a actividade que se vai impartir no centro multifuncional. A través da creación deste novo centro trátase de achegar proximidade, facilitando información e recursos municipais directamente aos veciños e veciñas do Milladoiro, eliminando barreiras xeográficas. Tamén se achega inclusión, facilitando o acceso prioritario ás persoas e colectivos sociais con maiores dificultades de inserción. Ademais, xéranse oportunidades creando un punto de encontro vivo para a formación, a mocidade, o emprendemento, a cultura e a participación.

Este novo espazo está dirixido á mocidade (disporán de servizos especializados, espazos de participación activa e alternativas para o arraigo da mocidade no concello); para o emprego (dinamización da económica local, fomento da cultura emprendedora e mellora directa da empregabilidade); e para a cohesión (inclusión social, igualdade de oportunidades e fortalecemento do tecido comunitario e asociativo). Máis alá dun centro cultural ou xuvenil, será un centro dinámico da comunidade.

Este novo centro municipal nace cunha finalidade clara, ser un instrumento de transformación social: a través a inclusión social (con espazos e actividades que favorezan a igualdade real e a cohesión da comunidade); para a mocidade (que sexa un lugar clave para a participación, a formación, a cultura e as novas iniciativas xuvenís); para a dinamización (con formación en sectores estratéxicos como as novas tecnoloxías, audiovisual, enerxías renovables, e sectores con alto grado de inserción laboral como servizos sociocomunitarios, turismo, sanidade… e emprendemento como ferramentas directas para xerar e manter emprego); e para a participación (espazo aberto e transparente, conectado coa realidade diaria do concello).

Os espazos do Centro Multifuncional do Milladoiro
O edificio construíuse na rúa Muíño Vello, nunha parcela de 4.669 metros cadrados. O novo centro multifuncional do Milladoiro é un espazo público de calidade por dentro e por fóra. Construído baixo parámetros de eficiencia enerxética, funcionará como dinamizador cultural, económico e social, e albergará actividades útiles para a cidadanía, xerando o encontro e a interacción entre a veciñanza.

A primeira planta está deseñada para incrementar a capacidade de desenvolvemento de actividades formativas e colaborativas que se materialicen en proxectos reais. Conta cunha Aula de Formación, que dispón dun espazo homologable para accións formativas oficiais totalmente equipado; e un Espazo versátil, deseñado para traballo colaborativo, reunións e obradoiros. A segunda planta conta cun espazo aberto para o diálogo, a presentación de iniciativas cidadás (culturais, de ocio...) e a participación colectiva. Todo o centro conta co equipamento técnico necesario (ordenadores, wifi, mobiliario...) e está dirixido a organizar actividades de formación, cultura, ocio, mocidade, emprendemento e a crear comunidade.

O arquitecto de Estudio Técnico Gallego SA, Isidro López, explicou que “o edifico no seu interior acolle espazos altamente flexibles con cualidades que varían ao longo dos extractos que compoñen o proxecto. Trátase dun edificio compacto que libera a maior parte posible da parcela para uso público. Na planta baixa está situada a recepción do edificio. Na primeira planta hai unha zona de espera e descanso, unha zona de traballo, e unha ampla zona segregable con tabique móbil. A segunda planta, que dispón dun espazo diáfano que pode albergar diferentes actividades, ofrece vistas 360 grados dende o seu interior. En planta baixa ten unha superficie de 550 metros cadrados, incluída a zona de recepción e maila praza. A primeira e segunda planta dispoñen dunha superficie útil cada unha de 180 metros cadrados”.

Rede pública de recursos de formación e emprego
O Centro Multifuncional do Milladoiro non funciona de xeito illado, xa que completa e reforza o ecosistema da rede pública de recursos de formación e emprego do Concello, que xa conta co Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova (centro especializado na capacitación profesional e o desenvolvemento laboral); e o Espazo colaborativo A Proa (Coworking Municipal: foco de emprendemento, traballo en rede e colaboración empresarial). O centro multifuncional pasa a ser o terceiro piar da formación en Ames achegando proximidade e participación (achega directa da formación e dinamización social á poboación).

Programación do último trimestre de 2026
Está previsto que durante este mes de setembro se impartan os primeiros cursos de formación neste espazo. A Concellería de Promoción Económica vai a desenvolver o Programa Integrado de Emprego do Concello de Ames 2025/2026 con cursos de Sensibilización e igualdade de oportunidades, de 5 horas de duración (o día 17 de setembro); o curso de Acollida Extraescolar e Ludotecas, de 30 horas, (21–29 de setembro); e o curso de Ocio Inclusivo, de 35 horas, de capacitación especializada (do 30 setembro ao 8 outubro).

Ademais, a Concellaría de Mocidade vai a realizar neste espazo o curso de lingua de signos (LSE), que conta con 30 horas de duración, do 7 outubro ao 9 decembro; e as Concellarías de Normalización Lingüística e Benestar Social, impartirán os Obradoiros de acollemento lingüístico En galego, co teu acento!, do 13 de outubro ao 5 de novembro.

Deste xeito, impartirase formación orientada á inserción: programación deseñada con especialidades de alta demanda laboral na nosa contorna; formación en sectores estratéxicos no noso concello como innovación, novas tecnoloxías, audiovisual, enerxías renovables, servizos socioculturais e á comunidade, turismo, loxística, etc. Tamén se impartirá formación transversal e en competencias e habilidades para a inserción laboral e inclusión social dos colectivos máis vulnerables; actividades para a mocidade e actividades de carácter cultural.

Esta actividade formativa ten uns obxectivos claros:
-Máis acceso: facilitar a entrada da cidadanía a recursos e oportunidades municipais.
-Máis capacitación: desenvolvemento de competencias útiles para a vida diaria e o emprego. 
-Máis participación: implicación activa da mocidade e colectivos prioritarios. 
-Máis actividades: dinamización constante en formación, cultura, ocio e comunidade.
-Máis oportunidades: un espazo real para estudar, emprender, traballar e participar.

O financiamento
Esta actuación enmárcase dentro da EDUSI Impulsa Ames, que estivo cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. Desde o primeiro momento, foi considerada como un dos proxectos máis importantes da estratexia de desenvolvemento vinculada aos fondos europeos, debido ao seu carácter social e inclusivo, dirixido especialmente á mocidade e ás persoas en risco de exclusión social. As obras para rematar o centro multifuncional do Milladoiro foron adxudicadas, previa licitación, por un importe de 1.097.687 euros, á empresa amesá Construcciones Iglesias Mera. 

Deste xeito, o Centro Multifuncional está cofinanciado pola Unión Europea, a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) cunha taxa de cofinanciamento do 80% dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020, enmarcado dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Impulsa Ames. Ten encaixe na liña A10 da estratexia DUSI Impulsa Ames e do OT 9 de inclusión social e loita contra a pobreza.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Abre el multifuncional de Milladoiro"

La Voz de Galicia: "O Milladoiro potencia la oferta formativa y cultural para jóvenes con la apertura del centro multifuncional"

Diario de Santiago: "Pedro Blanco pone al Centro Multifuncional de Ames como ejemplo de la inversión del Gobierno en los municipios"

O Centro Multifuncional do Milladoiro é un novo espazo para a formación, a inclusión, a mocidade, a cultura e a dinamización económica de Ames

Multimedia

  • O Centro Multifuncional do Milladoiro é un novo espazo para a formación, a inclusión, a mocidade, a cultura e a dinamización económica de Ames