Pestanas principais

Máis de 200 persoas participan na I Marcha de Prevención do Dano Cerebral

Sábado, 24 de outubro de 2026

Hoxe celebrouse a primeira edición da Marcha de Prevención do Dano Cerebral, organizada pola Asociación de Empresarios do Parque Empresarial do Milladoiro e a Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela, coa colaboración dos Concellos de Ames e de Santiago de Compostela, e a Deputación da Coruña. Esta iniciativa, que reuniu hoxe a máis de 200 participantes, consistíu nunha andaina solidaria cuxos fondos recadados se destinarán á Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela. O obxectivo detrás desta actividade é poder ampliar as instalacións e mellorar os servizos que a asociación ofrece aos pacientes.

Con motivo do Día do Dano Cerebral que se celebrará o vindeiro luns 26 de outubro, hoxe arrancou esta marcha ás 10.00 horas desde o Centro Multifuncional do Milladoiro, na rúa do Muíño Vello. Dende aí realizouse un percorrido de 4,9 quilómetros de baixa dificultade e en marcha popular e non competitiva, ata a sede da Asociación de Dano Cerebral de Santiago de Compostela.

Baixo o lema Cada paso conta. Cada persoa importa, dende a organización incidiron na importancia da participación cidadá, facendo un chamamento a unha marcha multitudinaria, que finalmente se logrou e que estivo aberta a todos os públicos. 

Nesta iniciativa participaron diferentes autoridades das asociacións organizadoras e dos Concellos de Ames e de Santiago de Compostela. Asistiron o presidente da Asociación Dano Cerebral, Luciano Fernández, o presidente da Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro, Javier Santos, o alcalde de Ames, Blas García, a alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, a concelleira de Benestar Social e Voluntariado de Ames, Uxía García, a concelleira de Deportes e Promoción da Saúde de Ames, Susana Señorís, e a concelleira de Deportes e Relacións Veciñais de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro.

Neste sentido, fíxose fincapé en que a lesión cerebral adquirida (LEA) pode producirse de tres xeitos principais: accidente cerebrovascular, parada cardíaca (debido a anoxia cerebral, é dicir, falta de osíxeno no cerebro) e lesións cerebrais traumáticas derivadas de accidentes.

En calquera destes tres casos, trátase de acontecementos repentinos que poden afectar a calquera persoa, en calquera momento da vida e sen previo aviso. Isto fai que a prevención e o apoio ás persoas que a sofren sexan un asunto que pertence a toda a sociedade, non só ás persoas afectadas ou ás súas familias.

A xornada non rematou coa chegada. Na sede instalouse a tenda solidaria de Dano Cerebral Santiago de Compostela, con produtos elaborados polas persoas con dano cerebral, así como un posto con produtos típicos da gastronomía galega doados por empresas colaboradoras. Todo estivo á venda para que tanto as persoas participantes como quen se achegara seguira colaborando coa causa.

Ademais, como recoñecemento á participación, realizouse un sorteo de produtos doados por empresas colaboradoras do parque empresarial do Milladoiro, entre elas Clínica Fisioterapia Laura Míguez, Pan de Leis e Unit 365.

Máis de 200 persoas participan na I Marcha de Prevención do Dano Cerebral

Multimedia

  • Máis de 200 persoas participan na I Marcha de Prevención do Dano Cerebral