Avisos

Ex., 31-10-2026
Ex., 31-10-2026
Venres, 2 outubro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Xoves, 1 outubro, 2026
O programa SaúdeAndo 2026-2027 comezará o día 1 de outubro con 33 novas andainas que sairán dos centros de saúde do Milladoiro e Bertamiráns. Estas andainas, organizadas pola Concellaría de Promoción da Saúde, organízanse cada xoves de semanas alternas ao longo de todo o curso, ata o mes de xuño, nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Son rutas de dificultade media-baixa e que contan cunha duración aproximada de entre unha hora e hora e media.
Sábado, 26 setembro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Sábado, 26 setembro, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 23 setembro, 2026
O Concello de Ames colabora na organización dun curso de sevillanas que se vai impartir na Casa da Cultura de Bertamiráns. Esta actividade impartirase desde outubro de 2026 ata maio de 2027.
Martes, 22 setembro, 2026
O Concello de Ames informa, a través dun bando municipal, sobre a prohibición de estacionamento no aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro, debido ás actividades da VIII Semana Europea da Mobilidade. Dita prohibición producirase o sábado 26 de setembro, dende as 15.00 horas ata as 20.30 horas.
Venres, 18 setembro, 2026
A Aula AMTIC anuncia que quedan prazas dispoñibles para os cursos dirixidos aos cativos e cativas para os meses de outubro e novembro. Deste xeito, as persoas que así o desexen poderán inscribirse nas formacións de Mecanografía e Programación de Videoxogos. Para participar, deberase enviar cuberto este formulario de inscrición a informatica.milladoiro@gmail.com. Tamén se poden facer inscricións no número de teléfono 698 172 347.
Venres, 18 setembro, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 18 setembro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Mércores, 16 setembro, 2026
Esta semana publicouse a programación de actividades de Amessán para o curso 2026-2027. Desde o 5 de outubro impartiranse clases de 9 actividades nas parroquias de Agrón, Augapesada, Ameixenda, Bertamiráns, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Milladoiro, Oca, Piñeiro, Trasmonte e Tarroeira. As inscricións poden facerse en liña (50% das prazas dispoñibles), desde as 9.00 horas do xoves 17 ata as 21.00 horas do venres 18 de setembro a través do formulario que está neste aviso, ou de xeito presencial (o 50% das prazas restantes) o martes 22 e o mércores 23 de setembro no Centro Social do Milladoiro e o xoves 24 venres 25 de setembro na Casa dos Maiores de Bertamiráns.