Avisos
Venres, 16 outubro, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 16 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, informa sobre a resolución publicada este xoves, 15 de outubro, no DOG da convocatoria para a proba do Celga 4 en liña.
Venres, 16 outubro, 2026
Con motivo da celebración da XXV Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, que se vai celebrar o domingo, 18 de outubro de 2026, haberá cortes e prohibicións de estacionamento nos arredores da Casa do Concello en Bertamiráns (rúa Alcalde Lorenzo).
Xoves, 15 outubro, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre o anuncio publicado no BOP de nomeamento de persoal funcionario de carreira, no posto de policía local, escala básica, categoría de policía local derivada da OPE 2024, de Christian Funcasta López, que deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes dende a publicación no BOP do seu nomeamento.
Xoves, 15 outubro, 2026
Hoxe, 15 de outubro, conmemórase o Día Internacional da Perda Xestacional, Neonatal e Perinatal. Co gallo deste acontecemento o Concello de Ames colabora coa asociación Bolboretas no Ceo tinguindo de azul e rosa a fachada da Casa do Concello. Esta xornada busca sensibilizar sobre o sufrimento que causa a perda dun bebé durante o embarazo, o período neonatal ou o primeiro ano de vida.
Mércores, 14 outubro, 2026
No marco das actividades de dinamización do mercado de produtos da horta e artesanía de Ames, este sábado 17 de outubro, organízase unha nova actividade para descubrir o mundo do mel denominada “Do panal ao tarro”. Deste xeito, comeza a programación de actividades no mercado de horta e artesanía despois dun descanso durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Martes, 13 outubro, 2026
A empresa subministradora Naturgy notificoulle ao Concello de Ames unha interrupción programada do subministro eléctrico durante os días 15 e 16 de outubro en varias rúas do Milladoiro, co fin de realizar tarefas de mantemento e desenvolvemento da súa rede eléctrica.
Venres, 9 outubro, 2026
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 9 outubro, 2026
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús dos comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Venres, 9 outubro, 2026
Unha vez rematado o primeiro período de inscrición, a Concellaría de Deportes abre o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2026-2027. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula de forma telemática a través do aplicativo de deportes do Concello de Ames, no apartado de escolas deportivas (recoméndase descargar a APP Concello de Ames para Android ou IOS). Tamén se poderá dar de alta en lista de espera nas actividades que xa teñan as súas prazas cubertas.
- ‹ anterior
- 2 de 181
- seguinte ›




