Pestanas principais

Prazas esgotadas para a actividade "Contos para caghar patatillas", enmarcada na programación Apego

Venres, 23 outubro, 2026
Desde o Servizo de Normalización Lingüística informan de que están esgotadas as prazas para a actividade "Contos para caghar patatillas", de Brais das Hortas, a actividade do programa Apego que se vai a celebrar o xoves 30 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Esta sesión combinará conto contado, música en directo e humor, e está dirixida a crianzas de 3 anos en adiante.

O proxecto Apego continúa coa programación prevista para os meses de setembro, outubro, novembro e decembro. Nesta ocasión, organízase a actividade Contos para caghar patatillas, de Brais das Hortas, unha proposta chea de contos con música en directo, efectos especiais, humor, e que contará coa participación activa do público. Mediante a narración oral, incorpora personaxes míticos da cultura popular galega, como a Santa Compaña, con ritmos e temas de actualidade.

Este espectáculo trata a relación entre o medo e a valentía, recoñecendo que é natural sentir medo, e que a valentía non radica na ausencia de medo, senón na capacidade de afrontalo. Ao longo da representación, combínanse numerosas e variadas historias que xogan cos sustos, ao tempo que coa risa, o humor e moita diversión.

Multimedia