Solapas principales

Proceso selectivo para a contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a para a Concellaría de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal

Martes, 27 octubre, 2026
O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, informa sobre a acta número 3 cos resultados definitivos do proceso de selección e contratación dun/dunha auxiliar administrativo/a para a Concellaría de Promoción Económica, Emprendemento e Atención e Participación Veciñal do Concello de Ames. Dita convocatoria enmárcase na orde do 22 de maio de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil.