Solapas principales

O Motoclub Ameixenda organiza o vindeiro sábado, 19 de setembro, o Gran Premio Concello de Ames de supercross 2026

Viernes, 11 de septiembre de 2026

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames, organiza o vindeiro sábado, 19 de setembro, unha nova edición do Gran Premio Concello de Ames de supercross, un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial e non federado, pero que é unha das probas que conforman a Galicia League. O evento desenvolverase no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, e participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Estímase unha participación de arredor de 50 pilotos, entre os que destaca Román Perez, campión de supercross en Portugal no 2008 e en España no 2009. 

O Motoclub Ameixenda volve a carga cunha nova edición do Gran premio Concello de Ames de supercross. Trátase dun evento deportivo a nivel autonómico, non oficial e non federado, de acordo a lei 3/2012, de 2 de abril, do deporte de Galicia. A través desta proba trátase de potenciar o deporte de base na modalidade do supercross e motocross. 

Na actualidade Galicia é unha potencia a nivel mundial neste deporte con figuras tan relevantes como Jorge Prado e Rubén Fernández. Jorge Prado compite no Campionato AMA de Supercross dos Estados Unidos, nas filas do equipo Monster Energy Kawasaki. Gañou catro veces o Campionato Mundial de Motocross, dúas delas na categoría raíña, MXGP, (2023 e 2024), e dúas en MX2 (2018 e 2019). Ademais, Rubén Fernández compite no Campionato Mundial de Motocross, na categoría raíña, MXGP. Fernández vén de acadar o segundo posto na segunda carreira do MXGP de Gran Bretaña, que se disputou esta pasada fin de semana, e está cuarto na clasificación xeral do campionato mundial. 

Probas como o Gran Premio Concello de Ames de supercross permiten que máis nenos e nenas se vaian iniciando neste deporte e, por extensión, que corredores como Jorge Prado ou Rubén Fernández representen a Galicia no campionato do mundo. 

Características da proba
Esta proba, que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, na parroquia da Ameixenda, forma parte dun campionato de supercross e motocross a nivel autonómico, denominado “Galicia League Crono Racing”, no que participan os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. O Gran premio Concello de Ames de supercross 2026 está organizado polo Motoclub Ameixenda o o Concello de Ames. 

Os/as participantes que se inscriban estarán divididos/as en diferentes categorías: SX Pro, SX Adulto (elite e amateur por tempos), féminas, 85cc, 65cc, 50cc +6 anos, e 50cc -6 anos. Estímase que participen arredor de XXX pilotos entre os que destaca a presenza de Román Pérez, campión de supercross en Portugal no 2008 e en España no 2009. O prazo de inscrición pecha o mércores 16 de setembro.

Pola mañá desenvolveranse as verificacións técnicas e administrativas. De seguido, os pilotos participarán nos adestramentos libres e de clasificación. Ás 17:00 horas, dará comezo a proba que se compón de dúas mangas por categoría. Ao remate da proba realizarase a entrega de trofeos.

Circuíto SX Alex de Moure
O circuíto SX Alex de Moure dispón dunha pista de 680 metros e diferentes saltos: mesetas, dobres, etc. Para esta edición do Gran premio Concello de Ames de supercross realizáronse varias melloras no circuíto. O trazo dispón de máis ancho e conta cun novo salto. Ademais, este ano aplicouse un novo material máis arxiloso en toda a pista o que permite que teña maior resistencia á humidade.

Este recinto de máis de 19.000 metros cadrados conta cun amplo aparcadoiro gratuíto, situado a escasos metros da pista de competición, e cunhas condicións óptimas tanto para a práctica do deporte como para contemplación desta modalidade deportiva. 

O Motoclub Ameixenda organiza o vindeiro sábado, 19 de setembro, o Gran Premio Concello de Ames de supercross 2026

Multimedia

  • O Motoclub Ameixenda organiza o vindeiro sábado, 19 de setembro, o Gran Premio Concello de Ames de supercross 2026