Pestanas principais

O Concello de Ames negociará a cesión de 6 parcelas á Xunta de Galicia para a creación de vivenda de protección pública

Martes, 30 de abril de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Urbanismo, pretende poñer a disposición do Instituto Galego da Vivenda e Solo un total de seis parcelas que se atopan situadas na área residencial do plan parcial do sector S-16 Galdrachán, no Milladoiro. A intención do Goberno municipal é chegar a un acordo coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento deste terreo urbano co obxectivo de crear novas vivendas suxeitas ao réxime de protección pública. En total cederíanse 5.338 metros cadrados de terreo, que se poden urbanizar, e na que se poden construír 213 vivendas.

O alcalde de Ames, Blas García, destaca que “este é un goberno que traballa para a veciñanza. Somos conscientes da dificultade de acceder a unha vivenda hoxe en día e a nosa obriga como Concello é dar resposta a esta demanda”.

O concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, explica que “debido á falta de vivenda que existe na actualidade, tanto para alugar como para mercar, o Concello de Ames está disposto a chegar a un acordo co Instituto Galego da Vivenda e Solo para cederlle seis parcelas urbanas, situadas na localidade do Milladoiro, para desenvolver este núcleo con novas vivendas suxeitas ao réxime de protección pública”.

Dende o departamento de Urbanismo lévase tempo traballando para dispor de terreo urbano co obxectivo de crear nova vivenda de protección pública. Deste xeito, o Concello pretende poñer a disposición da Xunta un total de seis parcelas que se atopan situadas na área residencial do plan parcial do sector S-16 Galdrachán, no Milladoiro.

A intención do Goberno municipal é chegar a un acordo coa Xunta de Galicia para o desenvolvemento deste terreo urbano co obxectivo de crear novas vivendas suxeitas ao réxime de protección pública. En total cederíanse 5.338 metros cadrados de terreo, que se poden urbanizar, e na que se poden construír 213 vivendas. En cinco parcelas poderíanse construír 37 vivendas en cada unha delas, mentres que noutra poderíanse crear 28 vivendas.

Características das seis parcelas cedidas
Cinco destas seis parcelas atópanse situadas nas inmediacións da Casa da Cultura e do pavillón municipal: AR3, AR4, AR5, AR6 e AR8. A parcela AR3 ten un superficie de 828 metros cadrados e unha ocupación en planta de 736 metros cadrados. A súa edificabilidade residencial e de 3.069,85 metros cadrados, mentres que a edificabilidade terciaria é de 651,20 metros cadrados. A súa edificabilidade total ascende a 3.721,05 metros cadrados e un número máximo de 37 vivendas.

A parcela AR4 ten un superficie de 966 metros cadrados e unha ocupación en planta de 736 metros cadrados. A súa edificabilidade residencial e de 3.069,85 metros cadrados, mentres que a edificabilidade terciaria é de 651,20 metros cadrados. A súa edificabilidade total ascende a 3.721,05 metros cadrados e un número máximo de 37 vivendas.

A parcela AR5 tamén ten un superficie de 966 metros cadrados e unha ocupación en planta de 736 metros cadrados. A súa edificabilidade residencial e de 3.069,85 metros cadrados, mentres que a edificabilidade terciaria é de 651,20 metros cadrados. A súa edificabilidade total ascende a 3.721,05 metros cadrados e un número máximo de 37 vivendas.

A parcela AR6 ten un superficie de 828 metros cadrados e unha ocupación en planta de 736 metros cadrados. A súa edificabilidade residencial e de 3.069,85 metros cadrados, mentres que a edificabilidade terciaria é de 651,20 metros cadrados. A súa edificabilidade total ascende a 3.721,05 metros cadrados e un número máximo de 37 vivendas.

A parcela AR8 ten un superficie de 966 metros cadrados e unha ocupación en planta de 736 metros cadrados. A súa edificabilidade residencial e de 3.069,85 metros cadrados, mentres que a edificabilidade terciaria é de 651,20 metros cadrados. A súa edificabilidade total ascende a 3.721,05 metros cadrados e un número máximo de 37 vivendas.

Por outra banda, unha das parcelas atópase situada na contorna da igrexa do Milladoiro. Dita parcela AR23 conta cunha superficie de 784 metros cadrados e unha ocupación en planta de 576 metros cadrados. A súa edificabilidade residencial e de 2.328,45 metros cadrados, mentres que a edificabilidade terciaria é de 493,95 metros cadrados. A súa edificabilidade total ascende a 2.822,40 metros cadrados e un número máximo de 28 vivendas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames negociará con la Xunta para levantar 213 viviendas de protección junto al IES de Milladoiro"

La Voz de Galicia: "Ames negociará la cesión a la Xunta de terrenos en O Milladoiro para construir hasta 213 pisos de protección pública"

Ames Go: "O Concello proporá a creación de vivenda pública a cambio da cesións de terreos"

Plano das parcelas para a creación de vivenda de protección pública

Multimedia

  • Plano das parcelas para a creación de vivenda de protección pública
  • Plano das parcelas para a creación de vivenda de protección pública