Solapas principales

Resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas municipais para o curso 2026-2027

Martes, 15 septiembre, 2026
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, informa do resultado do sorteo das prazas das Escolas deportivas municipais para o curso 2026-2027. As persoas que realizaron a inscrición dispoñen dun número de rexistro xerado no momento da preinscrición, que é o número co que se identifica á persoa inscrita na listaxe xerada polo resultado do sorteo. As clases comezarán o xoves 1 de outubro de 2025 e rematarán o 12 de xuño de 2027. Unha vez publicada a listaxe de persoas admitidas na páxina web municipal, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento desde o 15 ata o 21 de setembro. Pódese realizar o pagamento a través da nova app Deportes Concello de Ames.

Este curso as Escolas deportivas contan na categoría de formación deportiva con baile moderno, baloncesto, fútbol sala feminino, fútbol sala mixto, judo, natación, patinaxe, predeporte, taekwondo, xadrez, tenis, voleibol e ximnasia rítmica. Os maiores de 14 anos poderán inscribirse nas actividades do programa Ponte en Forma, que inclúe aerozumba; adestramento funcional; ioga; pilates; ximnasia de mantemento; e spinning, abdominais e glúteos. 

Para máis información sobre as actividades deportivas pódese chamar aos números de teléfono 619 842 504 e 981 535 940. Outra opción é enviar un correo electrónico aos enderezos deportes@concellodeames.gal e deportes.milladoiro@concellodeames.gal.

Método de pagamento
Unha vez publicada a listaxe de persoas admitidas na páxina web municipal, as persoas que obtiveran praza deben facer o pagamento desde o 15 ata o 21 de setembro. Pódese realizar o pagamento a través da nova app Deportes Concello de Ames. Unha vez feito o pagamento no prazo estipulado (do 15 ao 21 de setembro), non é preciso realizar ningún outro trámite. Se non se realiza o pagamento no prazo establecido, a preinscrición quedará anulada.

Inscrición ao longo do curso
Cada mes sacarase unha listaxe coas prazas libres e estas iranse cubrindo por orde de solicitude. Neste caso, o alumnado inscrito nunha actividade poderá matricularse noutra na que quedasen prazas libres. No suposto de inscricións unha vez comezado o curso, o importe da cota será o resultante de multiplicar a tarifa mensual (incluído o mes da propia inscrición), polo número de meses que restan para rematar o curso.

Baixas nas escolas
No caso de baixa, estas deberán tramitarse a través do Rexistro de Entrada ou da Sede electrónica do Concello de Ames. Só se devolverá a parte proporcional da cota aboada naqueles supostos que se consideren baixa por forza maior (enfermidade acreditada). Se o/a alumno/a acumula faltas inxustificadas á actividade iguais ou superiores a 5 durante un período dun mes será motivo de baixa automática.

Multimedia