Pestanas principais

>Obra de teatro "Chola a It Girl"

Venres, 15 marzo, 2024
Ás 20:30 horas

O venres 15 de marzo, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura do Milladoiro acolle a representación da obra de teatro "Chola a it girl" da man de ArtesaCía. As entradas poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Trátase dunha obra de teatro contemporáneo no que a súa protagonista, Chola, decide mostrar a súa vida rural, auténtica e imperfecta, farta de ver como a xente ofrece unha imaxe perfecta e edílica de si mesma nas redes sociais.