Pestanas principais

Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida

Presencial
Online
Sede Electrónica
Martes, 1 xaneiro, 2019
Tramite activo: 
Aberto
PARA QUE (FINALIDADE):

O procedemento "solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida" ten como obxecto facilitarlles a tarxeta de estacionamento aos veciños ou veciñas do municipio con graves problemas de mobilidade, como documento acreditativo da súa situación, con carácter persoal e intransferible, coa finalidade de favorecer o uso dos transportes privados e para que o seu titular poida gozar das facilidades de estacionamento relacionadas con ela.

QUEN PODE PRESENTAR UNHA SOLICITUDE:

  • Persoas físicas que, atopándose legalmente en situación de mobilidade reducida/discapacidade, e estando empadroadas no municipio, desexen solicitar unha tarxeta de estacionamento e accesibilidade.

COMO E ONDE FACER O PROCESO:

  • Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite" da Sede electrónica. Se o interesado non utiliza a sede electrónica, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

DOCUMENTACIÓN:

  • Solicitude de tarxetas de accesibilidade e estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
  • Certificado de discapacidade. Certificado emitido polos equipos de valoración (EVO) da Xunta de Galicia, ou polos doutras comunidades autónomas, indicando o grao de discapacidade.
  • Certificado de empadroamento. Certificado acreditativo de estar empadroado no municipio no cal se solicita a tarxeta.
  • Permiso de condución (en caso de tarxeta de estacionamento). Copia do permiso de conducir da persoa discapacitada, ou da persoa ou persoas que vaian conducir habitualmente o vehículo se a persoa discapacitada non puidese.
  • Declaración xurada. No caso de que a persoa discapacitada non poida conducir o vehículo, incluír declaración xurada da persoa que conducirá habitualmente o dito vehículo.
  • Xustificante do pagamento do IVTM. Xustificante do pagamento do último recibo do imposto sobre vehículos de tracción mecánica do vehículo que vai utilizar a persoa discapacitada, xa sexa como condutor ou como pasaxeiro.

NORMATIVA APLICABLE:

  •  Nome: Solicitude de tarxetas de estacionamento e accesibilidade para persoas con mobilidade reducida.
  • Unidade tramitadora: Servizos Sociais.
  • Inicio do procedemento: A instancia de parte.
  • Tipo de interesado: Persoa física.
  • Órgano de resolución: Alcaldía ou Xunta de Goberno.
  • Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
  • Prazo de execución: 3 meses.
  • Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
  • Taxas/impostos: Non aplica.