Pestanas principais

Outorgamento de poder de representación

Presencial
Online
Sede Electrónica
martes, 1 Xaneiro, 2019 a martes, 31 Decembro, 2019
Tramite activo: 
Aberto

PARA QUE (FINALIDADE):

  • Tramitar solicitudes de redución da cota da taxa pola subministración de auga e da taxa polo saneamento e depuración de augas residuais.

QUEN PODE FACELO:

Poderá solicitar a redución do 50% da cota establecida nos artigos 6.1 das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas os contribuíntes beneficiarios da Renda de Inserción Social de Galicia, ou de réximes protectores de carácter público análogos a aquel.
Como se fai

A solicitude pódese presentar, en calquera momento antes da prescrición do dereito, por:

  • REXISTRO XERAL
    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario: 9.00 a 14.00 horas.
  • RESTANTES FORMAS PREVISTAS NO ARTIGO 16 da LEI 39/2015. DE 1 DE OUTUBRO, DO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN DAS AA.PP.
  • ELECTRONICAMENTE

Dende esta Sede pode achegar a solicitude, xunto coa documentación de incorporación obrigatoria, en cada caso.

Para realizar o trámite dende a sede deberá identificarse previamente na mesma, a través de certificado dixital DNI-e.

DOCUMENTACIÓN:

  • Fotocopia do NIF do solicitante, así como no seu caso, do seu representante, xuntando xustificante que acredite dita representación.
  • Fotocopia compulsada do acordo de concesión da RISGA ou réxime protector de carácter análogo.
  • Referencia e titularidade catastrais do inmoble no que se presta o servizo (poderá acreditarse achegando copia do recibo do imposto sobre bens inmobles).
  • Certificado de empadroamento na vivenda obxecto da solicitude
  • No caso en que o solicitante non sexa propietario do inmoble obxecto do servizo deberá achegar, ademais:
    • Fotocopia do NIF do propietario do inmoble.
    • Fotocopia do contrato de alugueiro ou documento que acredite que o propietario do inmoble cédelle o uso do mesmo ao solicitante da redución.
  • Só si o solicitante actúa a través de representante. En caso de persoa xurídica (representación legal) a representación se acreditará mediante poder bastante, ben a través de documento público ou ben a través dun documento privado con sinatura lexitimada notarialmente ou por comparecencia. En caso de persoas físicas (representación voluntaria) será suficiente con que asinen a solicitude o representante e o solicitante, e se achegue copia dos NIF de ambos.

RESPONSABLE:

Tesouraría. Oficinas de tramitación

Oficina

Enderezo

Teléfono

Horario

Recadación municipal de Bertamiráns

Praza Horta de Abaixo, nº 6- Local 18

981 884 896

De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Recadación municipal do Milladoiro

Rúa Viorneira, número 6

981 884 896

De luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

Servizo Municipal de Augas Bertamiráns

Rúa Agrelo, número 7, baixo

981 890 776

De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.

Servizo Municipal de Augas Milladoiro

Rúa Viorneira, número 6

981 93 94 45

De luns a venres, en horario de mañá, de 9:00 a 14:00 horas, e de tarde, de 17:00 a 19:00 horas. Os sábados abren de 9:00 a 14:00 horas.

NORMATIVA APLICABLE:

  • Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria (LXT, en adiante) (artigos 32, 221).
  • RD 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento en materia de revisión en vía administrativa  (RXR, en adiante) (artigos 14 a 20).
  • Ordenanza Fiscal Xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e doutros ingresos de dereito público do concello de Ames.

Aspectos destacables da normativa aplicable:

  • Si a solicitude non reúne os requisitos esixidos, efectuarase un requirimento de emenda ao interesado, para que nun prazo de 10 días hábiles, contados dende o día seguinte ao de recepción do requirimento, achegue ou emende a documentación, coa advertencia de que, si non a atende, entenderase desistido da súa solicitude, ditando resolución neste senso.
  • A comprobación dos requisitos para a estimación da redución efectuarase de acordo cos datos e documentos que se esixan na normativa, e dos datos que poidan subministrar terceiras persoas, ou que poida obter o Concello mediante requirimento ao interesado, ou a terceiros. No expediente incorporarase en todo caso o informe de Servizos sociais do concello de Ames, relativo á percepción dunha RISGA ou de réxime protector análogo.
  • O prazo máximo para notificar a resolución é de seis meses. Transcorrido o prazo para resolver sen notificación da resolución expresa, poderá entenderse desestimada a solicitude.
  • Si a resolución é estimada, tanto o contribuínte, como o propietario do inmoble, no seu caso, teñen a obriga de comunicar á administración a modificación de calquera dos datos considerados para a resolución do expediente.
  • A resolución estimada xurdirá efectos no primeiro período impositivo que deveñen con posterioridade a aquela.