Pestanas principais

Departamento de Normalización Lingüística

    • Enderezo: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención ao público: de 9:00 - 14:00 h
    • Responsable municipal: Concellaría de Normalización Lingüística
    • Responsable técnico: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Obxectivo  principal do servizo:
      • Incrementar o uso e o prestixio da lingua galega en todos os ámbitos municipais

 

Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesorar e colaborar coa planificación  lingüística do Concello de Ames
    • Promover actuacións para aumentar o uso do galego no ámbito municipal, de acordo coa normativa vixente, e entre a veciñanza
    • Contribuír á formación lingüística da veciñanza e do persoal municipal
    • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa do Concello de Ames
    • Informar e asesorar sobre dereitos lingüísticos da veciñanza e deberes lingüísticos municipais
    • Asesorar sobre cuestións lingüísticas á veciñanza e ao persoal municipal

Novas do departamento

Leticia Falcón, especialista en estimulación musical temperá, ofrecerá un obradoiro de arrolos e colos musicais o sábado, 29 de febreiro, na Aula de usos múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá dúas sesións, unha ás 11.00 e outra ás 12.00 horas. A actividade está destinada a familias que se encontren agardando un bebé ou con crianzas que non anden. A inscrición, dispoñible ata o 28 de febreiro, realizarase enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

O vindeiro venres día 22 de novembro terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro “Arrolos con Mamá Cabra”. Está programado para as 18.00 horas e está destinado a futuros pais e nais ou familias con crianzas de 0 a 3 anos. A inscrición, dispoñible ata o día 21, realizarase a través do envío dun correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

O Concello de Ames e a Secretaria Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado dos centros de ensino do Concello de Ames. Trátase dunha iniciativa que busca o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Desenvolveranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Ofértanse 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para apuntarse estará aberto ata o 11 de setembro. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

O conto obradoiro “Quen canta Alí?” chega o próximo xoves 14 de novembro á Casa da Cultura do Milladoiro, en dúas sesións, unha ás 17.00 horas e outras ás 18.00 horas. Destinado a crianzas de entre 0 a 6 anos, o número de prazas é limitado. Para formalizar a inscrición a esta actividade gratuíta  é necesario enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal, rematando o prazo o 13 de novembro.

O Concello de Ames prepárase para celebrar as Letras Galegas, que nesta edición están dedicadas ao profesor e historiador Antón Fraguas. A Concellaría de Normalización Lingüística e Comunicación organiza un acto literario-musical este xoves, 16 de maio, na Casa da Cultura do Milladoiro. O evento comezará ás 20.00 horas, e incluirá as actuacións musicais do Coro Son Elas e do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, así como a entrega de premios do XVI Certame Literario Concello de Ames de narrativa e poesía e do XI Certame Artístico-Literario Intercentros. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo.

O salón de plenos da Casa do Concello de Bertamiráns acolle este xoves, 6 de xuño, a presentación de #galegoempresas, unha plataforma web gratuíta posta en marcha a primeiros de febreiro polos concellos de Ames, Santiago de Compostela e Teo para darlles maior visibilidade ás empresas ou negocios da contorna que ofrezan produtos e/ou servizos en galego. As empresas e negocios poden publicitarse de xeito gratuíto nesta plataforma e o público en xeral poden acceder á web para coñecer información destas empresas como localización, horarios, descrición dos servizos e produtos que ofrece, datos de contacto. O acto de presentación será aberto tanto para o público en xeral como para o empresariado interesado en coñecer esta nova ferramenta de difusión.

O Concello de Ames vén de presentar a plataforma web #galegoempresas, un directorio gratuíto que ten como obxectivo ofrecer unha maior visibilidade entre a poboación ás empresas ou negocios da contorna que ofrezan produtos e/ou servizos en galego. A presentación tivo lugar esta tarde, ás 16.00 horas, no salón de plenos da Casa do Concello de Bertamiráns, nun acto a cargo das concelleiras en funcións de Normalización Lingüística, Isabel Vaquero, e de Promoción Económica, Isabel González, así como do técnico da empresa Ágora Aberta, encargado da elaboración desta plataforma web, Óscar Maceira. Ao acto tamén acudiron os/as técnicos/as de Ames, Rosa Moreiras, técnica de Normalización Lingüística, e Jorge Couñago, técnico de Promoción Económica.

O alcalde de Ames, José Miñones, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a concelleira de Normalización Lingüística, Escarlata Pampín, e o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, participaron na tarde de onte no acto de apertura das I Xornadas de Toponimia no Ensino. Estas xornadas están organizadas polo Concello de Ames e pola Xunta de Galicia e contan coa colaboración da Real Academia Galega (RAG). A iniciativa amosa o valor dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística e xurdiu a raíz da publicación do traballo Toponimia de Ames, de Xosé Ramón López Boullón, que viu a luz grazas á colaboración do Concello de Ames co Seminario de Onomástica da RAG.

Ata o próximo día 23 de setembro está aberto o prazo para inscribirse nunha nova edición dos Obradoiros de Lingua e Cultura En galego, co teu acento! Trátase dunha actividade gratuíta de 30 horas de duración que se desenvolverá de luns a venres nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro, durante os meses de outubro e novembro. Ofrécense un total de 40 prazas (20 para cada localidade).

O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, puxeron en marcha por segundo ano consecutivo o Premio Lingua e Empresa, co obxectivo de recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial. Optarán a este galardón todas as empresas, con sede social ou centro de actividade no concello de Ames, que sexan propostas ata o 31 de outubro por calquera persoa ou entidade, ou pola propia empresa que queira participar.

Eventos del departamento

Un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso. A foliada desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

Un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos do noso. Desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 18.00 horas.

A gala homenaxe a Rosalía de Castro celebrarase o próximo 28 de febreiro, ás 20.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. sta gala é un acto participativo no que poderemos gozar de dramatizacións, poesía, proxeccións audiovisuais, humor e música, que nos achegarán ás diferentes facetas de Rosalía. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

Chega a Ames o contacontos de Celso Fernández Sanmartín. Será o venres 8 de novembro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Hai dúas sesións, unha primeira ás 17.00h e outra ás 18.00h. Está dirixido a nenos e nenas de máis de 3 anos e o límite de familias por sesión é de 30. A entrada é de balde pero necesítase inscrición previa, do 30 de outubro ao 7 de novembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Obradoiro impartido por Gloria Mosquera e Diego Maceiras no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Destinado a futuros papás e mamás e familias de nenos de 0 a 3 anos.

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 14 ao 21 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ames programa para o luns, 18 de novembro, a actividade Voces Violetas, encadrada dentro da campaña Nós Contra a Violencia. Terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e está destinada a nais, pais, persoal docente ou calquera outra persoa interesada. A entrada é de balde ata completar aforo e non se precisa inscrición previa.

Sesión discoteca con musica infantil para cantar e bailar. No Pazo da Peregrina, previa inscrición do 4 ao 12 de decembro. Actividade gratuíta.

Contacontos da man de Luís Prego e Fabaloba na Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá unha primeira sesión ás 17.00 horas e outra ás 18.00 horas. Está destinado a crianzas de 0 a 6 anos (30 familias por sesión).

A entrada é de balde. Necesario inscribirse do 6 ao 13 de novembro enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Teatro de obxectos e música cos que explorar os sentidos dunha maneira amena e participativa que se desenvolverá no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O acordeón, a mandola portuguesa, o dizi chinés ou o propio corpo poñerán a música que acompañará as texturas da buguina, da auga, do papel, da tea... para recitar poemas, xogar coas palabras e debuxar ideas.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle a obra de teatro Comenoites, da compañía Os Náufragos Teatro. O Comenoites baséase no conto infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración).