Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

Xa está aberto o prazo de matrícula a través de correo electrónico para inscribirse na escola de baile, gaita e percusión tradicional da Asociación Cultural Os Castros. As persoas interesadas en anotarse deben enviar unha mensaxe ao enderezo correo@acoscastros.es. Dende o luns, día 25, e ata o venres, 29 de setembro, tamén se poderá realizar a matrícula de xeito presencial, de 21:00 a 22:00 horas nas instalacións da asociación. Ademais, durante o mes de outubro, ofrécense xornadas de portas abertas en Biduído e Bertamiráns. As clases comezarán o día 7 de outubro.

Dende a asociación cultural Os Castros convídase ao alumnado, socios/as, e á veciñanza amesá en xeral que estea interesada, a participar no tradicional xantar – foliada que organizan todos os anos. Nesta ocasión será o vindeiro 27 de maio no campo da festa de Ortoño. Haberá inchables para os nenos e nenas dende as 12.00 horas e moita música. Para participar nesta xornada haberá que mercar entrada do 8 ao 19 de maio. O prezo das entradas vai dos 8 aos 35 euros dependendo de se es alumno/a, socio/a, menor ou unha persoa adulta.

Este domingo, 25 de agosto, o lugar de San Xoanciño de Pousada honrou á Virxe de Lourdes cun conxunto de tres alfombras florais, elaboradas por membros da Asociación Cultural de San Xoanciño de Pousada, e co apoio da veciñanza de varios lugares do concello. Ás 13.00 horas houbo unha misa solemne e a correspondente procesión sobre a alfombra floral. Actuaron o Coro parroquial de Ames e Piñeiro e maila Asociación cultural Os Castros.

A asociación de veciños e veciñas O Reguiño, de Raíces e Casanova, puxo en marcha unha nova iniciativa para este Entroido. Consistiu nun concurso de disfraces, no que se valoraría se eran reciclados,  onde todas as familias puideron participar a través da aplicación de Whatsapp. Os/as participantes tiveron que enviar as súas fotos a través de dita aplicación. Ademais, os nenos e nenas destes lugares da parroquia de Buduído recibiron doces que repartiron dende a asociación.

A Aula da Rede de Centros para a modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames retoma en setembro a súa actividade, volvendo a abrir as súas instalacións en horario habitual. A súa oferta formativa para o último cuadrimestre do 2023 inclúe oito cursos (cinco para adultos e tres para a rapazada. As inscricións poden facerse de xeito telemático, escribindo ao enderezo cemit.ames@xunta.gal ou premendo nesta ligazón; ou ben chamando ao número de teléfono 682 373 753 ou acudindo ao primeiro andar da Casa da Cultura de Bertamiráns.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia (Rede CeMIT) do Concello de Ames, programou novos cursos que comezarán a impartirse a partir do 19 de abril. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que imparte, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames programou novos cursos telemáticos para os meses de xaneiro, febreiro e marzo dirixido a adultos. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veciños e veciñas de Ames aos diferentes cursos que oferta, ademais de dispor dun horario de Aula Aberta para que os interesados e interesadas poidan pasar a rexistrarte nas actividades, solicitar axuda ou outra clase de información, e usar os ordenadores.

A Devesa da Rogueira, xoia ecolóxica da Serra do Caurel, é o obxectivo da excursión ambiental que programa a Aula da Natureza para o sábado, 16 de outubro. Os autobuses sairán de Bertamiráns ás 8:30 horas e do Milladoiro ás 8:45. Os/as participantes deberán levar a comida da casa, ademais de calzado e roupa cómoda. A ruta é de dificultade media alta e dura 5 horas. Os interesados/as poden inscribirse no enderezo electrónico auladanatureza@concellodeames.gal

Burbullas familiares, recollida de identificacións para control posterior, máscaras e respecto absoluto a todas as medidas de seguridade que marca a loita contra a Covid-19. Preto de 300 persoas asistiron onte na praza de Chavián de Bertamiráns ao concerto da Banda da Loba co que se pechaban en Ames as actividades do mes das Letras Galegas. Entre o público, moitas familias e unha gran cantidade de mozos e de mozas. O concerto durou máis dunha hora. Unha boa parte dos temas que interpretou a banda rendía homenaxe a Xela Arias.

A Banda da Loba dará un concerto que completa a programación do mes das Letras Galegas en Ames. O espectáculo de música “Fábrica de Luz” é un homenaxe a Xela Arias, escritora á que se adica o Día das Letras Galegas deste ano. A actuación, de balde, será na praza de Chavián, en Bertamiráns, este xoves 27 de maio ás 21.00 horas.

Eventos del departamento

A Concellería de Cultura pon un ano máis en marcha a iniciativa "Abril de Cine", que ten como obxectivo achegar o cinema galego á veciñanza amesá. A terceira das pezas audiovisuais que se proxectará no marco deste programa será a webserie "Pringadas". A sesión terá lugar o sábado 15 de abril, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Os convites, que son de balde, xa se poden descargar a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O Concello de Ames está organizando para o luns, 24 de xullo, ás 20.00 horas, unha serie de actividades para celebrar o Día de Galicia. Trátase dun acto institucional, que se celebrará no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, onde se lle fará un acto de recoñecemento á Coral polifónica de Bugallido con motivo dos seus 50 anos de traxectoria musical. Dita coral foi creada no ano ano 1972 na parroquia de Bugallido. O alcalde entregaralle a Xosé Luís Castro Tourís, presidente da coral polifónica de Bugallido, a medalla do Concello de Ames. Ao longo do acto intervirán o alcalde e mailas voceiras e voceiros dos diferentes grupos políticos da Corporación municipal. Tamén haberá unha quenda de intervencións aberta á veciñanza. O músico, Javier Constenla, encargarse de amenizar o evento interpretando ao piano varias pezas musicais, mentres que o xornalista de Ames Radio, Juan Luis Silva, será o encargado de presentar o acto.

O Concello de Ames celebra o Día de Galicia cun acto institucional que neste 2022 recoñecerá á veciña amesá, María Victoria Otero Espinar, catedrática de Análise Matemático na Universidade de Santiago de Compostela e vicepresidenta primeira da Real Sociedade Matemática Española. O Concello fará entrega a Otero Espinar da medalla do Concello de Ames, nunha recepción oficial na que intervirán as voceiras e voceiros dos diferentes grupos políticos da Corporación municipal, así como amizades e familia da homenaxeada. O acto de celebración terá lugar o venres, 29 de xullo, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a partir das 20:30 horas, e contará coa música do grupo As Lens.

O grupo de música tradicional “A roda” actúa este sábado na Explanada da Casa de Cultura de O Milladoiro.
A actuación, patrocinada pola Deputación de A Coruña, forma parte das actividades organizadas no municipio a través do programa de fomento da economía e a cultura AmesON.
A entrada é de balde até completar aforo.

Continúa a programación de Ames Cultural cunha nova edición do Millarock, que se celebrará no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, o venres 5 de agosto, a partir das 21.00 horas. O cartel deste ano está composto polos grupos Biribirlocke, Battosai, The Rapants e Chicharrón. O festival forma parte do cartel "Ames en Festas", no que colaboran o Concello de Ames, as comisións de festas do Milladoiro e da Peregrina e XEA para sumar once días de festa, encadeando as festas da Madalena do Milladoiro, do xoves 4 ao martes 9, e as festas da Peregrina de Bertamiráns, do martes 9 ao domingo 14 de agosto. Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical.

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical.

Segunda das proxeccións incluidas na programación da quinta edición do Ames Jazz, con "Keith Jarrett: The Art of Improvisation", un traballo que xira en torno á figura do pianista e a súa improvisación jazzística. Será no Pazo da Peregrina ás 20:00 horas.

Chega o segundo dos concertos do Ames Jazz. O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle ás 22:30 horas a actuación de Límbico, un proxecto instrumental do guitarrista e compositor Iago Marta no que mostra as súas ideas e preocupacións musicais, tentando sumar todas as influencias ás que estivo exposto ao longo da súa carreira como intérprete.

O Ames Jazz volve un ano máis para celebrar a súa sexta edición, e repite formato. Por segunda vez na súa historia, o festival durará dous días, o venres 7 e o sábado 8 de xullo, e conta, ademais de cos habituais concertos, coa proxección de dous documentais que gardan relación co xénero musical.