Pestanas principais

Departamento de Bibliotecas

    • Biblioteca Municipal de Bertamiráns: Praza de Chavián s/n. 15220. Bertamiráns, Ames
    • Biblioteca Municipal do Milladoiro: Rúa Raxoeira, nº 14 baixo. 15895. O Milladoiro, Ames
    • Horario de atención ao público:
      • Inverno: (16 de setembro a 15 de xuño)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 20.50h.
      • Sábados: de 9.00 a 13.50h.
      • Verán: (16 de xuño a 15 de setembro)
      • De Luns a Venres: de 9.00 a 14.00h.
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
Outros Datos: 
  • Programación actividades bilbiotecas outubro-decembro 2020
  • Funcións:
    • Reunir, organizar e pór a disposición da comunidade un conxunto equilibrado de materiais bibliográficos, gráficos, audiovisuais ou noutros soportes, que permitan o acceso á información e a afondar nos distintos campos do coñecemento.
    • Ser en si mesma o centro básico de información da área á que serve.
    • Promover, estimular e fomentar o uso dos seus fondos entre a cidadanía, mediante os servizos necesarios e as actividades educativas e culturais complementarias, incidindo na poboación infantil e xuvenil e nos colectivos de usuarios/as con características especiais.
    • Cooperar coas demais bibliotecas mediante o intercambio de información, préstamo interbibliotecario e realización conxunta de actividades.
  • Normativa:

-Regulamento da Biblioteca Municipal de Ames

  • Lei de Bibliotecas de Galicia:

-Descargar PDF.

  • Documentos:

-Catálogo da Biblioteca.

-Guía da Biblioteca.

-Inscrición na biblioteca.

  • Centros de interese:

-Descargar PDF.

  • Seccións por idades:

-Descargar PDF.

  • Desideratas:

-Descargar PDF.

 

Novas do departamento

A edición deste ano do programa Encontros Literarios continúa este xoves, 22 de febreiro, coa presentación do poemario “La muerte de Alicia”, de Ana Valín. O acto, que estará presentado polo alcalde de Ames, Blas García, será ás 19:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A entrada será libre ata completar aforo.

Este venres, 23 de abril, celébrase o Día do Libro. Con este motivo, as bibliotecas municipais do Concello de Ames organizaron unha programación específica para este mes de abril que inclúe actividades pra nenos/as e adulto/as. Para esta semana hai programadas varias actividades: o xoves, 22 de abril, ás 20.00h, no Pazo da Peregrina, Tomas Guerrero presenta as súas obras en banda deseñada. O venres, 23 de abril, celebrarase o Día do Libro no Pazo da Peregrina con música, contacontos e obradoiros infantís. Tamén se fará entrega do premio do concurso de debuxo sobre o libro e a lectura. O sábado, 24 de abril, na biblioteca de Bertamiráns, realizarase o obradoiro Autores con pegada.

O departamento de Bibliotecas de Ames organiza neste mes de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, tres presentacións de libros na nosa lingua. As dúas primeiras terán lugar hoxe, mércores 4, e mañá, xoves 5, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20:00 horas. A primeira delas será “As casualidades necesarias”, da escritora cambadesa Amelia Xesteira da Cova, falecida recentemente. O seu amigo e escritor Daniel Pino presentará hoxe a terceira edición desta novela, que inclúe un limiar seu coma homenaxe. Por outra banda, mañá xoves o escritor Henrique Monteagudo presentará o seu ensaio “O idioma galego baixo o franquismo”, unha aproximación á política lingüística represiva da ditadura franquista. As presentacións terán aforo libre ata completar aforo.

Este luns 14 de febreiro abren as inscricións para participar nun obradoiro de pintado de camisetas co gallo da celebración do Día de Rosalía. Os nenos e nenas máis maiores de primaria decorarán as prendas con algúns dos versos da escritora, cos que traballarán ao longo da xornada, e pintarán unha ilustración co seu retrato. Os talleres terán lugar o venres 25 no Milladoiro e o sábado 26 en Bertamiráns, ás 17:30 horas e ás 11:30 horas respectivamente.

Co gallo do Día do Libro, que se celebra o 23 de abril, as bibliotecas municipais de Ames presentan dúas novas actividades de animación á lectura, que se enmarcan dentro da súa programación “Abril, mes do libro”: un concurso de debuxo e a campaña Superlectores, que por segundo ano consecutivo buscan recoñecer ao seu público infantil e xuvenil sorteando varios lotes de libros.

Con motivo do Día das persoas usuarias das bibliotecas, este martes 11 de xaneiro o departamento de Bibliotecas de Ames lanza a campaña Superlectores, coa que busca recoñecer ao seu público infantil e xuvenil máis fiel, á vez que presentan o seu fondo ás persoas que non o coñezan. Cada usuaria ou usuario de entre 0 e 18 anos poderá conseguir unha tarxeta de Superlectora ou Superlector, que irán enchendo de selos con cada préstamo para participar nun sorteo de libros que terá lugar o sábado 2 de abril, Día do libro infantil.

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara co gallo da celebración do mes do libro unha serie de obradoiros, sesións de narrativa oral, concursos e sorteos coa lectura e a literatura como temática central. As actividades comezan este 31 de marzo co espectáculo de música e narrativa “Little Neno”, mentres que catro librarías do concello reparten participacións dende este luns 28 ata o sábado 23 de abril para un sorteo de 800 euros en cheques de compra.

Os primeiros prazos de inscrición das actividades da animación á lectura para a rapazada xa están abertos nas bibliotecas de Ames, que acollen dúas propostas durante este mes de novembro: “Coma gatos e ratos”, unha sesión de contacontos pensada para nenas e nenos dos 3 aos 8 anos, e “Excelentes mulleres científicas”, un obradoiro co gallo do Mes da Ciencia en Galego para a rapazada dende 3º ata 6º de primaria. Ambas actividades repetiranse nas bibliotecas do Milladoiro e de Bertamiráns, cos seus respectivos horarios.

O departamento de Bibliotecas amesán acolle esta semana dúas novas presentacións de libros, achegando un mes máis novos proxectos literarios á veciñanza. Estas actividades terán lugar este mércores 8 e o xoves 9, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20:00 horas. A primeira delas será “Cuestión social: protocolo, boas maneiras e imaxe”, da escritora e experta en protocolo social Margarita Murillo, que busca aproximarnos de xeito sinxelo a esta serie de hábitos e condutas. Por outra parte, o xoves será a quenda da escritora Charo Pita e da obra “Retratos en branco e negro”, unha serie de retratos fantasmais onde o cotián e o extraordinario se mesturan.

O departamento de Bibliotecas amesán acolle esta semana dúas novas presentacións de libros, achegando un mes máis novos proxectos literarios á veciñanza. Estas actividades terán lugar este mércores 15 e o xoves 16, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 20:00 horas. A primeira delas será “Unha cervexa Chang”, do escritor Manuel Portas que explora mares narrativos que nunca antes navegara, introducíndonos no mundo da investigación pseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos e nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer. Por outra parte, o xoves será a quenda da escritora Sica Romero que vai presentar a súa primeira novela  “Avelaíñas Eléctricas”, a historia de dúas rapazas que intentan fuxir dos seus lobos e das súas sombras. Esta será  a última presentación deste curso.

Eventos del departamento

O primeiro dos encontros literarios programados polas bibliotecas municipais de Ames para o mes de marzo contará coa autora Margarita Murillo, experta en protocolo social, que presenta a obra "Las buenas maneras en el amor". O evento será presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A escritora estará acompañada por Fernando Rodríguez de la Torre, director de Con C de Comunicación e Briefing Galego, e docente de márketing na Universidade de Santiago de Compostela. O evento terá lugar o xoves 2 no Pazo da Peregrina (Bertamiráns), ás 20:00 horas. 

O pimeiro dos encontros literarios programados polas bibliotecas municipais de Ames para o mes de abril contará coa autora Marilar Aleixandre como protagonista, e terá lugar o día 12, ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A escritora presentará "As malas mulleres", da Editorial Galaxia. A obra é unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces. Por un lado, a de Sisca, de quince anos; e por outra, a de mulleres como Juana de Vega. A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a historia das reclusas no cárcere da Galera, na Coruña, onde tanto Juana de Vega como Concepción Arenal traballaron a prol da dignificación das persoas. Asemade, é un canto ao papel dos libros e da lectura na mellora da vida das persoas. 

O segundo dos encontros literarios organizados polas bibliotecas municipais de Ames terá lugar o xoves 16 de febreiro, e contará co autor Martiño Santos Canosa, que presentará "A nación dos mil viños", de Edicións Laiovento. O evento será ás 20:00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O departamento de Bibliotecas amesán acolle esta semana dúas novas presentacións de libros, achegando un mes máis novos proxectos literarios á veciñanza. A primeira delas será “Unha cervexa Chang”, do escritor Manuel Portas que explora mares narrativos que nunca antes navegara, introducíndonos no mundo da investigación pseudodetectivesca, no do comercio ilegal dos tesouros perdidos e nunha trama en que nada é o que a priori pode parecer.

O segundo dos encontros literarios programados polas bibliotecas municipais de Ames para o mes de marzo contará coa autora Úrsula Heinze como protagonista. Presentará a súa obra "Flashes II", editada por Fervenza, a segunda parte dunha guía persoal que reflicte un retrato da propia autora ao longo dos anos.

O Pazo da Peregrina acollerá o xoves 13 de abril un novo encontro literario, desta vez con Xelís de Toro, que presenta "Etceteramente". Será ás 20:00 horas. O evento, que estará presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González, contará tamén coa presenza de Alejandro Vargas, artista sonoro, compositor e pianista cubano. De Toro e Vargas conversarán sobre a improvisación como método artístico. 

As bibliotecas amesás programan para o día 2 de febreiro un novo encontro literario. Desta volta, o autor invitado será Xosé Antonio López Silva, que presentará a obra "Historia natural de Plinio, el bibliotecario del mundo", da Editorial Almuraza. Será ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O departamento de Bibliotecas amesán organiza o terceiro encontro literario do curso 2022-2023, no que o historiador e escritor ourensán Xosé Manoel Núñez Seixas presentará o seu último traballo, “Volver a Stalingrado”. Será o xoves 13 de outubro ás 20:00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Acompañará ao autor Víctor Fernández Freixanes, escritor e presidente da Real Academia Galega, nun acto presentado pola concelleira de Cultura, Natividade González. A entrada será libre ata completar aforo.

As bibliotecas de Ames presentan unha nova sesión de música e de contos para a cativada, nesta ocasión con “Little Neno descobre... Os Beatles”. A Reixa Producións combina teatro, narrativa e música en directo para dar a coñecer a un dos grupos de maior renome da historia da música pop. A proposta, orientada ao público familiar, terá lugar o xoves 31 de marzo ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os convites, de balde, poden retirarse xa na Billeteira electrónica do Concello de Ames. O espectáculo poderá seguirse en lingua de signos.

O departamento de Bibliotecas municipais organiza para o mes de abril uns obradoiros de creación de debuxos animados. Está dirixido á rapazada que cursa estudos a partir de terceiro de educación primaria.