Pestanas principais

Departamento de Benestar Social

    • Unidade Municipal de Servizos Sociais de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidade Municipal de Servizos Sociais do Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención ao público Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concellaría de Benestar Social
Outros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estrutura do servizo:
    UTS : Milladoiro e Bertamiráns
    As UTS ou Unidades de Traballo Social son a "porta de entrada" ao Sistema de Servizos Sociais e ofrecen un Servizo de Información público, para toda a poboación, desde onde se facilita de forma profesional e confidencial, información sobre os servizos sociais, recursos e prestacións a disposición das cidadás e cidadáns, así como os dereitos que teñen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funcións
    Nelas valóranse as necesidades, oriéntase aos recursos máis axeitados, e intervense cando as persoas así o demandan, cara a garantir unha atención persoal e social de calidade, ofrecendo:
    • Información , valoración, diagnóstico e orientación  en canto a  dereitos, recursos e intervencións sociais.
    • Xestión do Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa, Fogar de tránsito, Programa de alimentos, Renda Básica Municipal, axudas de  emerxencia social.
    • Actuacións preventivas das situacións de risco e necesidade social do conxunto da poboación, intervindo para acadar a integración social.
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, está desenvolvendo dende o pasado mes de xaneiro o programa de andainas saudables “SaúdeAndo”, que se realiza todos os xoves pola tarde dende os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro. Nesta ocasión sumou a esta iniciativa ao alumnado que participa no programa Tardes divertidas da EEI Milladoiro. A través deste tipo de actividades trátase de fomentar a práctica deportiva e mailos hábitos saudables entre os nenos e nenas.

O salón de actos da Casa de Cultura do Milladoiro acolleu a entrega de diplomas do programa Em-Femenino e do curso de repoñedora de grandes superficies. Estas accións formativas contaron coa participación de preto de 40 mulleres, pero non todas puideron asistir a entrega de diplomas. O programa Em-Femenino consistiu nun itinerario personalizado para adaptar as habilidades de cada unha das participantes para para a busca activa de emprego, dirixido a promover a igualdade de oportunidades para mulleres que por razóns vinculadas co seu xénero, procedencia, etc. teñen maiores dificultades no acceso ao mercado de traballo. Ademais, participaron nun curso de repoñedora de grandes superficies.

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves 21 de outubro a concesión das axudas destinadas ao apoio das familias numerosas do Concello de Ames, que ascende a un total de 60.000 euros repartidos entre 50 familias. As axudas consisten nun único pagamento por unidade familiar de 1.200 euros. Optaron a estas subvencións familias numerosas que leven ao menos un ano de antigüidade sen interrupción coa súa residencia habitual no municipio amesán, e que cumpran cos requisitos de renda e débeda coas administracións tributarias.

Este pasado venres, 6 de setembro, as Concellarías de Sanidade e Turismo do Concello de Ames organizaron unha andaina saudable polo último tramo do Camiño Portugués. Nesta actividade participaron 53 persoas que saíron dende a Casa da Cultura do Milladoiro e remataron na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. Unha vez rematada a andaina realizouse unha actividade de mindfulness con Biodanza na praza do Obradoiro. A esta actividade sumáronse varias persoas que se atopaban nese momento na praza do Obradoiro.

A pantasma do antigo morador e dunha vella criada do Pazo da Peregrina, un verme de luz de grandes dimensións, un espantallo e unha cabaza xigante foron algunhas das sorpresas coas que se atoparon os camiñantes ao longo do traxecto de oito quilómetros que a concellaría de Benestar e Promoción da Saúde preparou como roteiro co gallo da celebración do Samaín. A actividade, dirixida ás familias, foi teatralizada pola compañía “Os Quinquilláns” e contou coa participación dos músicos de Sarela que animaron aos/ás asistentes a cantar con eles cancións populares. 

Quince usuarios e usuarias do servizo de axuda no fogar do Concello de Ames van poder desfrutar de catro excursións ao longo dos meses de xuño, setembro, outubro e novembro. A actividade está organizada pola Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá este xoves, 1 de decembro, a décimo segunda edición das xornadas Achégate á Igualdade, que están enmarcadas dentro do programa do Concello de Ames con motivo do 25-N. Trátase dunha serie de conferencias e mesas redondas sobre violencias machistas que están abertas a todo o público interesado, dende expertos na área ata educadores e educadoras, docentes, profesionais da psicoloxía, da orientación, da administración pública e pais e nais. Este ano as xornadas contarán coa intervención da activista e escritora feminista Amelia Tiganus. 

Máis de 120 persoas participaron este sábado na andaina pola Ruta do Tambre, organizada polas Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente ao abeiro do programa SaudeAndo. Durante o percorrido, os/as participantes foron supervisados polo monitor de marcha nórdica Ricardo Angueira e guiados pola técnica municipal da Aula da Natureza, Patricia Reboreda. Trala camiñada, as/os paseantes puideron gozar dun almorzo saudable para recargar forzas, composto por gran variedade de froita, torradas, empanada e auga. O programa SaudeAndo ten como obxectivo o fomento da práctica de actividade física non contexto social e distendido.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, dentro do seu programa de Andainas Saudables, organiza para este mes unha nova actividade pola ruta que conecta Noia e Portosín, que se desenvolverá este sábado, 10 de decembro. Haberá dispoñible un servizo de autobús, con saída dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:45 horas e dende a Praza do Concello de Bertamiráns ás 10:00 horas. Para participar cómpre inscribirse premendo nesta ligazón ata o xoves 8 de decembro, ás 14:00 horas.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción de Saúde celebra a segunda sesión do programa de Andainas Saudables neste 2022, continuando co Xiro dos Montes. Tras teren completado a terceira e cuarta parada da ruta en xaneiro, as persoas participantes terán ocasión de percorrer a quinta e a sexta etapa do circuíto o próximo sábado 26 de febreiro, cuns 8,2 quilómetros entre o Monte de Vidán e o de Santas Mariñas. Para inscribirse, cómpre enviar un correo ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal, ata o xoves 24 de febreiro ás 14:00 horas. Haberá servizo de autobuses, que sairán ás 10:00 horas da praza do Concello, en Bertamiráns, e ás 10:15 horas da Casa da Cultura do Milladoiro.

Eventos del departamento

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle hoxe, 20 de novembro, ás 20:30 horas, a obra de Teatro “¿Esto es amor?” da Compañía Psíare. A actividade, que se desenvolverá a modo de Teatro-Forum, encádrase no programa “NIN SERVIL, NIN CALADA, LIBRE” co que o Concello de Ames conmemora o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller.

A actividade é de balde e as entradas xa se poden retirar na billeteira municipal.

No marco da  conmemoración do Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller 2021, a Concellaría de Igualdade organiza a representación de “Golpes”. A obra porase en escena o día 24 de novembro, ás 13:00 horas, na Casa de Cultura de Bertamiráns. 

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle a proxección de “En Deuda con Todas”, un documental estreado no ano 2019 pola organización sen ánimo de lucro galega AGARESO, que trata en detalle as repercusións da penalización do aborto en El Salvador. O evento, que inclúe unha exposición inicial da actualidade do país centroamericano, o visionado do filme e un debate posterior, terá lugar este venres 3 de decembro ás 20:00 horas. A actividade, promovida pola Concellaría de Benestar Social e Igualdade, chega despois da recepción institucional á activista salvadoreña Morena Herrera no mes de outubro, no que pediu ao Concello de Ames que informara á sociedade de situacións como a do seu país, no que o aborto é fortemente penado.

O martes 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará un acto institucional na Praza do Concello, en Bertamiráns, ás 17:30 horas. Ao rematar a homenaxe, realizarase a ruta urbana 8M, un percorrido polas zonas verdes de Bertamiráns na que se destacan as historias de mulleres que loitaron pola igualdade. A programación completa do 8M pode consultarse premendo nesta ligazón.

O parque do Ameneiral acollerá a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”, que volve despois dunha primeira edición en 2020 cunha gran acollida. O percorrido busca mostrar dun xeito lúdico e familiar as trabas as que as mulleres se enfrontan a diario. A cita, organizada pola Concellaría de Igualdade, terá lugar o venres 18 de marzo, ás 17:30 horas, no propio Ameneiral, en Bertamiráns. As inscricións, de balde, poderán realizarse ata o xoves 17 ás 14:00 horas, acudindo presencialmente ás oficinas dos Servizos Sociais do Concello, ou ben en liña premendo nesta ligazón. A actividade forma parte dos actos do 8M en Ames.

O sábado 5 recupéranse as xornadas de igualdade e prevención da violencia de xénero en Ames, “Acércate”, que organiza a Concellaría de Igualdade,  e que acadan este ano a súa XI edición. Orixinalmente programadas para comezos de decembro, celebraranse na Casa da Cultura de Bertamiráns de 10:00 a 14:00 horas, coa presenza da debuxante, escritora e música Lola Vendetta. A programación completa do 8M pode consultarse premendo nesta ligazón.

A Unidade de Doazón de Sangue en Bertamiráns
Este xoves 30 de xullo, a Unidade de Doazón de Sangue estará en Bertamiráns  en horario de tarde. Situarase na Avenida da Maia, fronte a praza da Maía.
O horario é o seguinte:
Tarde: Desde as 15:30 até as  21:00 horas.

Este xoves, 30 de xullo, a Unidade de Doazón de Sangue estará no Milladoiro e en Bertamiráns:
Milladoiro:
Situarase na Rúa Curuxa, esquina Avenida Rosalía de Castro.
Horario:
Mañá: Desde as 9:00 até as 14:30
Tarde: Desde as 15:30 até as  21:00 horas.
Bertamiráns:
Situarase na Avenida da Maia, fronte a praza da Maía.
Horario:
Tarde; entre as 15:30 e as 21:00

Como parte do programa do Mes da Saúde, do 19 ao 22 de abril programáronse unha serie de catro actividades de mantemento físico que se desenvolverán na zona exterior do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para participar nestas propostas hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo promociondasaude@concellodeames.gal. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.

O venres 25 de novembro terá lugar o acto institucional polo Día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Será no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 17:00 horas. Haberá unha charla informativa sobre violencias e agresións sexuais e repartirase material da campaña “Que o meu machismo non se converta no teu problema”. Ademais, lerase o manifesto institucional e ofrecerase unha actuación e unha performance da man da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA).