Nada en Santiago de Compostela o 13 de agosto de 1985, residiu unha parte da súa vida en Venezuela, retornando a Ames no 2002. Nai dunha filla.
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Enfocou a súa actividade laboral ao ámbito xurídico, sendo analista de sentenzas para a creación de bases de datos, facendo prácticas en despachos de procuradores e avogados e traballando como avogada bolseira nun despacho en Santiago de Compostela.
No tocante á política, é membro do Círculo Podemos Ames desde hai catro anos, colaborou coa anterior dirección de Podemos Galicia en diferentes grupos de traballo e tamén no ámbito institucional, no Parlamento galego.
Correo electrónico:
Non conta con dedicación.