Nado en Santiago de Compostela o 6 de febreiro de 1979. Está casado e ten un fillo.
Licenciado con grao en Xeografía. Universidade de Santiago de Compostela.
Doutor en Xeografía e Análise do Territorio. Universidade de Santiago de Compostela.
Actividade académica e de investigación no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA). Universidade de Santiago de Compostela. Publicacións científicas en libros e revistas especializadas, estadías e proxectos de investigación.
Axencia Galega de Innovación (GAIN). Xunta de Galicia.
David Santomil foi membro do Goberno municipal durante oito anos como concelleiro do BNG de Ames. No mandato 2015-2019 foi concelleiro de Educación e Cultura, mentres que no mandato 2019-2023 exerceu de concelleiro de Educación e Axenda Urbana, xestionando áreas de educación, servizos educativos complementarios, patrimonio histórico e axenda urbana.
Correo electrónico: