Pestanas principais

XXXIV Descenso do Tambre de piragüismo

Domingo, 11 agosto, 2019
A partir das 16.00 horas

A praia fluvial de Tapia será escenario o domingo, 11 de agosto, da XXXIV edición do Descenso do Tambre. O Club de Piragüismo Ribeiras do Tambre, xunto co Concello de Ames e maila Federación Galega de Piragüismo, organiza esta competición que chega á súa trixésimo cuarta edición. A proba de descenso, que ten un percorrido de 5.400 metros de distancia, realizarase ás 16:00 horas, mentres que a proba de circuíto na que participan rapaces e rapazas das categorías benxamín, alevín e infantil desenvolverase a partir das 17:00 horas na praia fluvial de Tapia. As embarcacións que poden participar nesta proba son K-1 e C-1.