Pestanas principais

> Xuntanzas en Familia: A diversidade en acollemento

Sábado, 11 xuño, 2022
Ás 17:30 horas

A Asociación Galega de Familias de Acollida (Acougo) realiza este semana un novo encontro entre persoas da comunidade do acollemento, co fin de compartir dúbidas, experiencias ou preocupacións. Será o sábado, 11 de xuño, ás 17:30 horas, no antigo centro de saúde do Milladoiro. Para participar nesta xuntanza, cómpre contactar con Acougo no teléfono 622 672 188, ou ben no enderezo electrónico info@acougo.gal. O tema da última xuntanza deste curso será a diversidade en acollemento. As familias que queiran participar nesta xuntanza teñen que cubrir este cuestionario.

A asociación Acougo continúa este sábado as súas “Xuntanzas en familia”, uns encontros entre familias acolledoras ou en proceso de idoneidade, educadores e educadoras dos centros residenciais e persoas con inquedanzas sobre a acollida. O obxectivo é resolver dúbidas e compartir preocupacións e experiencias, para así reforzar a comunidade do acollemento e fortalecer esta rede de colaboradoras e colaboradores.

En Galicia hai máis dun milleiro de menores acollidos temporalmente en centros residenciais, mentres as súas propias familias non poden facerse cargo deles. O acollemento familiar busca aportar unha solución a este problema, aportando un recurso temporal e revogable, co fin de que os e as menores poidan gozar dunha vida familiar.

Este novo encontro de Acougo enmárcase no programa “Xuntanzas en familia”. Será este sábado, 11 de xuño, a partir das 17.30 horas, no antigo centro de saúde do Milladoiro. Neste nova xuntanza abordarase o tema da diversidade en acollemento. As necesidades das crianzas e adolescentes que están no sistema de protección son diversas e a resposta dende Acougo tamén, por iso dende dita asociación queren implantar programas que aporten solucións a situacións reais. Este será o tema principal que se aborde na última xuntanza deste curso 2021-2022.

Para participar nesta xuntanza, débese contactar con Acougo, a través do número de teléfono 622 672 188 ou do enderezo electrónico info@acougo.gal. As familias que queiran participar nesta xuntanza teñen que cubrir este cuestionario.