Pestanas principais

> Xuntanza informativa sobre banca electrónica e comercio electrónico

Mércores, 2 novembro, 2022
Ás 20.00 horas

A Unión de Consumidores de Galicia imparte o mércores, 2 de novembro, ás 20.00 horas, unha charla sobre comercio electrónico, banca electrónica e as súas garantías na Casa do Concello de Ames.

A xornada xirará en torno ás compras por Internet en Galicia, o proceso de compra online e a simulación de compra en distintas plataformas, así como as prácticas fraudulentas e a importancia da privacidade dixital. A actividade é de balde e aberta ao público.