Pestanas principais

> A Unidade de doazón de sangue está no Milladoiro

luns, 18 Outubro, 2021 a martes, 19 Outubro, 2021

 Unidade Móbil de doazón de sangue estará na rúa Curuxa, no cruce con Rosalía de Castro, na localidade do Milladoiro.

O luns 18 de outubro estará en horario de 9:30 a 14:30.

O martes, 19 de outubro, en horario de 15:30 a 21:00 horas.

Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.