Pestanas principais

> Teatro: "Reino da Extinción"

Venres, 6 maio, 2022
ás 20:30 horas

A derradeira obra da programación cultural de artes escénicas do primeiro semestre de 2022 será “Reino da Extinción”, da compañía Amorodio Teatro. “Reino da Extinción” é unha comedia que conta a historia de catro persoas galegas de diferentes etapas históricas, que son forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñendo a proba as ideas do público sobre que é ser galego, vivir en Galicia ou falar a nosa lingua. A representación terá lugar o venres 6 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. As entradas poden adquirirse xa a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames.

"Reino da Extinción" é unha comedia hilarante que conta a historia de catro persoas de diferentes épocas da historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua.

Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que unha personaxe da Prehistoria sexa tan galega coma unha do Século das Luces? Foi Galicia o mesmo en todos os momentos da Historia? cando comezou e cando rematará Galicia?

Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda de catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste Alén tan axitado que, por veces, parécese moito ao inferno.