Pestanas principais

> 8M | Teatro: "As que limpan"

Venres, 18 marzo, 2022
ás 20:30 horas

O venres 18 de marzo volve a comedia á programación cultural de Ames do primeiro semestre de 2022, coa produción da compañía A Panadaría, “As que limpan”. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A obra pon o seu foco nas camareiras de piso dos hoteis, e na súa loita por conseguir uns dereitos laborais e sociais xustos. As entradas xa están dispoñibles na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Un cartel pendurado no manubrio dunha porta. “Por favor, arranxe o cuarto”. Ao regreso da praia, as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto. Son “as que limpan”, as invisibles que carretan ao lombo un sistema turístico precarizador.

“As que limpan” fala da loita organizada das camareiras de piso dos hoteis por acadar uns dereitos laborais e sociais xustos. Fronte a elas, a avaricia voraz dos propietarios das cadeas hoteleiras. Hai quen nunca limpou un váter e hai quen limpa cincocentos ao mes.