Pestanas principais

>Teatro para adultos: "Liberto"

Venres, 7 maio, 2021
Ás 20.30 horas.

A obra dramática "Liberto", da compañía Rebordelos, representarase ás 20.30 horas en Bertamiráns. 

Conta en primeira persoa a historia de Ada, unha nai que ten a afrontar que o seu fillo recén nacido ten una parálise cerebral severa. Dende a forza que se atopa nos fiordos da vida, a peza amosa as aristas da maternidade e o lado máis mamífero
desta, axudándonos a comprender que a propia morte é parte da vida. Liberto é un relato honesto de como xestionar a dor e seguir avanzando, un proceso primitivo, pegado ao noso animal e, por iso, dá unha peza teatral chea de vitalidade.