Pestanas principais

>Teatro: "O libro da Selva"

Venres, 1 outubro, 2021
Ás 18.00 horas

O venres 1 de outubro, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, representarase "O libro da Selva", da compañía Teatro Avento Producións. Este teatro musical está dirixido a un grupo familiar, con neno/as maiores de 6 anos.

Adaptación chea de música e baile da coñecida historia de Rudyard Kipling. Unha obra coa que volveremos gozar de personaxes como Mowgli, Baloo ou Bagheera e coa que afondaremos en valores como a amizade, o sentido da comunidade e a tolerancia.