Pestanas principais

>Teatro: Medida x Medida de Shakespeare

Venres, 13 marzo, 2020
Ás 21.00 horas

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle ás 21.00 horas esta peza teatral de Producións Teatrais Excéntricas S.L. Cunha duración de 110 minutos, está destinada a un público adulto.

Acontece nunha Viena surrealista inventada por Shakespeare. O mandatario Duque Vincenzo pasa á clandestinidade e manda aplicar con todo rigor a lei contra os comportamentos inmorais. Cai a lei por igual sobre o negocio do sexo e sobre a xuventude hedonista. Un xoven de boa familia é condenado a morte. Isto obriga a Isabella , a sua irmá monxa, a abandonar o convento por tres dias coa tentativa de salvar a vida do seu pecadento irmán. Un mundo de vicio, perversidade e corrupción tentarán lixar a sua brancura virxinal. Palacios, cadeas e arrabaldos serán o labirinto que percorre Isabella na sua carreira contra a morte. Todo observado dende as sombras por un Duque Vincenzo, irrecoñecible baixo o hábito de frade mendicante.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.