Pestanas principais

> Teatro infantil: Voa, voa!

Venres, 7 maio, 2021
Ás 18.00 horas.

A obra de teatro para nenos e nenas "Voa, Voa!", da man da compañía talía Teatro, representarase ás 18.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. Esta obra está dentro do convenio de colaboración entre a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e o Concello de Ames.

Trátase un espectáculo para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.
Todas as tardes despois de merendar Xoana baixa a xogar ao parque. Alí coincide con Anxo, un neno introvertido que prefire estar na casa vendo a tele. Pouco a pouco vai entrando nos xogos que lle propón Xoana, todos aqueles xogos que lle ensinou a súa avóa.

Voa, voa! pretenderecuperar ditos, retrousos, xogos de man,...toda unha relación de ditos populares centrados nestas pequenas rimas que perduraron xeración tras xeración e que se foron transmitindo de xeito oral. Un espectáculo para incentivar a xogar pero, sobre todo, incentivar ás familias a furgar na súa memoria para recuperar e transmitir os seus xogos da infancia e o vocabulario que se empregaba.

 Baixo a dirección de Artur Trillo, María Ordónez e Toño Casais, subiranse ao escenario durante 50 minutos.

Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica.