Pestanas principais

>Teatro infantil: "Don Gaiferos"

Venres, 26 marzo, 2021
Ás 18.00 horas.

A obra de teatro ifantil "Don Gaiferos", da compañía Os Monicreques de Kukas, represenarase ás 18.00 horas no Milladoiro.

Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalicese incorporando cancións e músicas do folclore galego conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pes do santo na Catedral compostelá.

Xa se poden mercar as entradas na Billeteira electrónica. A entrada xeral ten un prezo de 4 euros, mentres que as entradas con prezo reducido custan 2 euros. As entradas para asistir a ditos espectáculos tamén se poden adquirir nas Casas da cultura de Bertamiráns e do Milladoiro o mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo (de haber entradas dispoñibles).

Coa finalidade de facilitar a asistencia aos espectáculos e potenciar a participación establécese un prezo reducido do 50% do custo ordinario da entrada a estudantes con carné de estudante, a persoas maiores de 60 anos, a persoas menores de 12 anos, a familias numerosas, a mozos e mozas co carné xove e a persoas demandantes de emprego (no control de accesos dos auditorios poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).