Pestanas principais

Teatro: Criaturas

Venres, 7 xuño, 2019
Ás 21.00 horas

O venres, 7 de xuño, ás 21.00 horas, o grupo municipal de teatro de Ames estrea, na Casa da Cultura do Milladoiro, a obra Criaturas, de Roberto Vidal Bolaño. A peza, dirixida por María Ordóñez, é unha comedia ácida que nos fará plantexarnos quen é máis criatura, se Frankenstein ou a xente coa que se atopa. As entradas, que son de balde, están dispoñibles na billeteira electrónica municipal. Ademais, as persoas interesadas en acudir á función poden tentar conseguir a súa entrada, de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro, desde unha hora antes do comezo do espectáculo. A peza está dirixida a un público adulto.