Pestanas principais

>Teatro, comedia: O electo

Venres, 7 febreiro, 2020
Ás 21.00 horas

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle ás 21.00 horas esta peza teatral de Contraproducións S.L. Cunha duración de 90 minutos, está destinada a un público adulto. As entradas xa se encontran dispoñibles na billeteira electrónica do concello.

Nun hipotético tempo, nunha suposta situación, por un deses azares da aritmética parlamentaria e das conxunturas políticas... un candidato a presidente da Xunta conseguiu o seu propósito a grande metade da súa vida. O día da toma de posesión, a piques de dar o discurso da investidura, aparece un atranco inesperado: un extraño e choqueiro tic nervioso ameaza con ridiculizar, ou mesmo arruinar, tan solemne e esperado momento. Alarmado, reclama asistencia médica e un psiquiatra para o atender e tratar de arranxar, en escasísimo tempo, tan inoportuno trastorno, iniciándose unha sesión urxente na que, nun contexto de humor agudo e sarcástico, asistiremos a unha batalla entre o político e o facultativo.

Para máis información, pódese enviar un correo electrónico a cultura@concellodeames.gal ou chamar ao teléfono 981 535 940.