Pestanas principais

>Teatro. "Clausura do Amor"

Venres, 14 maio, 2021
Ás 20.30 horas.

O venres 14 de maio, ás 20.30 horas, a veciñanza de Ames poderá desfrutar desta obra teatral na Casa da Cultura de Bertamiráns. A peza, da man da compañía Cámara Negra Teatro, é un espectáculo que fala de reconfigurar unha relación ou de constatar o fracaso e o distanciamento. Xa se poden adquirir as entradas na billeteira electrónica do Concello.

Aquilo que sentimos moitas persoas cando recibimos esa estocada irreversible e ferinte da separación, da ruptura das bases nas que creamos unha relación, en base á confianza, en base á todos os valores únicos que significa a estabilidade dunha relación amorosa.