Pestanas principais

>Teatro: "Bernarda"

Venres, 19 novembro, 2021
Ás 20.30 horas

O venres 19 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, representarase a obra para adultos "Bernarda". Trátase dun drama da compañía Malasombra Producións. Reserve o seu convite na billeteira electrónica.

“Bernarda” é unha historia próxima, comprensible e universal. Todos coñecemos no noso entorno a alguén como Bernarda, e todos temos un pouco de Bernarda no noso interior, porque ese choque xeracional entre pais e fillos é unha constante universal, e dependendo de que lado esteamos vemos a realidade de forma totalmente diferente. Cando somos fillos queremos rachar coas normas que nos impoñen, e cando somos pais vémonos na obriga de ser nós os que as impoñamos, polo seu ben, e ese choque entre xeracións que conviven na mesma casa é inevitable.