Pestanas principais

> Taller para a posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador

Sábado, 17 setembro, 2022
De 11:00 a 13:30 horas.

A recentemente creada Oficina de Voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, pon en marcha un novo obradoiro para a posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador. Esta actividades realizarase o sábado, 17 de setembro, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas. Está dirixido a persoas que queiran aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.

A oficina de Software Libre e banco de reciclaxe electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha polo Concello de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol). Algún dos seus obxectivos son minorar o lixo electrónico, aumentar a vida útil destes aparellos e reducir o seu consumo. Este proxecto botou a andar no pasado mes de maio. O primeiro obradoiro realizouse en xullo para a reparación e reciclaxe de altofalantes. Agora, comezan os obradoiros do segundo semestre deste ano cun taller de posta a punto, reciclaxe e instalación do teu computador.

Esta actividades realizarase este sábado, 17 de setembro, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas, na oficina están situada no antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8. Está dirixido a persoas que queiran aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc. A posta a punto dun computador resulta fundamental para que poidas traballar de forma eficiente e sen necesidade de gastar grandes cantidades de diñeiro.

Un dos puntos que vai marcar a diferenza respecto á fluidez e á optimización dos procesos e tarefas é a elección dun bo software que se adapte as necesidades e preferencias de cada usuario/a. O primeiro que hai que facer é elixir un navegador e isto vai influír e moito no rendemento do computador. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.