Pestanas principais

> Sesións de contos no Milladoiro

martes, 8 Marzo, 2022 a xoves, 10 Marzo, 2022
ás 17:30 horas

“Historias que non son o que parecen” é  a proposta da animación á lectura infantil de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 8, 9 e 10 de marzo, mentres que en Bertamiráns parará os días 22, 23 e 24, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición estárá aberto para as sesións na biblioteca do Milladoiro do 1 ata o 5 de marzo, chamando ao 981 53 08 07 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.