Pestanas principais

> Sesións de contos no Milladoiro

martes, 29 Novembro, 2022 a xoves, 1 Decembro, 2022
ás 17:30 horas

“Unha sopiña de contos” é unha das propostas de animación á lectura infantil de decembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 13, 14 e 15 de decembro, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición estárá aberto para as sesións na biblioteca do Milladoiro do 21 ao 26 de novembro, chamando ao 981 53 08 07 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.