Pestanas principais

> Sesións de contos no Milladoiro

martes, 8 Novembro, 2022 a xoves, 10 Novembro, 2022
ás 17:30 horas

“Contando e croando” é unha das propostas de animación á lectura infantil de novembro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 8, 9 e 10 de novembro, mentres que en Bertamiráns parará os días 15, 16 e 17, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición estárá aberto para as sesións na biblioteca do Milladoiro do 31 de outubro ao 5 de novembro, chamando ao 981 53 08 07 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.