Pestanas principais

> Sesións de contos no Milladoiro

martes, 5 Abril, 2022 a xoves, 7 Abril, 2022
ás 17:30 horas

“Unha lea de contos” é a proposta de abril de narrativa oral das bibliotecas amesás para as crianzas de 3 a 8 anos. De novo, a actividade contará con tres sesións de contacontos, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, sempre ás 17:30 horas. No Milladoiro a actividade desenvolverase os días 5, 6 e 7 de abril, mentres que en Bertamiráns terá lugar os días 19, 20 e 21.

O prazo de inscrición para as sesións na biblioteca do Milladoiro estará aberto dende o luns 28 de marzo ata o sábado 2 de abril, chamando ao 981 53 08 07 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.