Pestanas principais

> Sesións de contos en Bertamiráns

martes, 22 Marzo, 2022 a xoves, 24 Marzo, 2022
ás 17:30 horas

“Historias que non son o que parecen” é  a proposta da animación á lectura infantil de marzo das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 8, 9 e 10 de marzo, mentres que en Bertamiráns parará os días 22, 23 e 24, sempre a partir das 17:30 horas.

As inscricións para a biblioteca de Bertamiráns abrirán do 14 ao 19 de marzo, para as que haberá que chamar ao 981 88 48 29, ou ben enviar un correo a biblioteca@concellodeames.gal.