Pestanas principais

> Sesións de contos en Bertamiráns

martes, 18 Outubro, 2022 a xoves, 20 Outubro, 2022
ás 17:30 horas

“Xogando cos contos” é unha das propostas de animación á lectura infantil de outubro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 4, 5 e 6 de outubro, mentres que en Bertamiráns parará os días 18, 19 e 20, sempre a partir das 17:30 horas.

O prazo de inscrición estárá aberto para as sesións na biblioteca de Bertamiráns do 10 ao 15 de outubro, chamando ao 981 88 48 29 ou enviando un correo ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal.