Pestanas principais

> Sesión de contos no Milladoiro

martes, 30 Maio, 2023 a xoves, 1 Xuño, 2023
Ás 17:30 horas

"Contos de bichiños" é a proposta de animación á lectura infantil dos meses de maio e xuño das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. En Bertamiráns estará os días 9, 10 e 11 de maio, mentres que no Milladoiro parará os días 30 e 31 de maio e o 1 de xuño, sempre ás 17:30 horas.

O prazo de inscrición para participar nas sesións na biblioteca do Milladoiro estará aberto do 22 ao 27 de maio. Para inscribirse é preciso chamar ao número de teléfono 981 53 08 07 ou enviar un correo ao enderezo electrónico biblioteca@concellodeames.gal, indicando nome, apelidos e idade dos cativos/as que vaian a acudir, así como un teléfono de contacto.