Pestanas principais

>Seráns de Tapia: Contacontos, Lavandeiras e Monólogo

Xoves, 8 xullo, 2021
De 17.30 a 20.00 horas

O xoves 8 de xullo volve a segunda sesión dos Seráns de Tapia. Ás 17.30 horas comezarase cun contacontos "Conto contiño" organizado polas bibliotecas municipais e ás 18.00 horas, "Andar os Biosbardos", narrado por Charo Pita. Ambos están dirixidos a un público infantil. Ás 19.00 horas realizarase o espectáculo de “Lavandeiras” con Vero Rilo e Sonsoles Penadique, ás 20.00 horas, haberá un monólogo "Estrelas" con Soledad Felloza. Estes dous eventos son para público adulto.

Multimedia