Pestanas principais

>Serán da Maía

Sábado, 21 setembro, 2019
Ás 21.00 horas

O grupo de pandereteiras Maianas, en colaboración co Concello de Ames, organiza para este sábado, 21 de setembro, ás 21.00 horas, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, unha Foliada aberta a todas as persoas que queiran acudir. No Serán da Maía actuarán Os Coribantes, Os Roncos (SR Calo), Os Santiaguiños de Boimorto e As Maianas. A entrada é de balde.