Pestanas principais

>Ruta SaudeAndo en Milladoiro

Xoves, 3 decembro, 2020
Ás 17.30 horas.

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana polo Milladoiro. Deste xeito, o xoves 3 de decembro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.

Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, son rutas circulares de dificultade media–baixa, cunha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar na andaina, que non require inscrición previa, é necesario estar no centro de saúde ás 17.30 horas.

A ruta repetirase, na mesma hora e lugar, o xoves 17 de decembro.

A través desta actividade, o programa SaúdeAndo ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde.