Pestanas principais

>Ruta SaudeAndo

Xoves, 24 setembro, 2020
Ás 17:30 horas

A programación de “Activa o teu Outono” inclúe diferentes andainas urbanas do programa SaúdeAndo. Deste xeito, este xoves 24 de setembro, a partir das 17.30 horas, desenvolverase unha andaina urbana polo Milladoiro. Esta andaina ten saída e chegada no centro de saúde desta localidade.

Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, son rutas circulares de dificultade media–baixa, cunha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar nesta actividade non é necesario inscribirse previamente. Tan só é necesario estar no punto de saída ás 17.30 horas.

A través desta actividade, a Concellaría de Promoción da Saúde ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde. Neste senso, son numerosos os estudos que indican que a práctica regular de actividade física aporta unha ampla serie de beneficios, a longo e a curto prazo, tanto físicos como emocionais.