Pestanas principais

>Ruta de Riamontes

Domingo, 19 abril, 2020
Ás 10.10 h na Casa da Cultura do Milladoiro e as 10.15 h na praza do Concello

Saída organizada pola Ruta de Riamontes orhanizada pola Aula da Natureza. Trátase dun percorrido circular de 7 quilómetros e dificultade media que permite coñecer o conxunto etnográfico dos muíños de Riamontes. A saída terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro ás 10.10 h, e dende a Praza do Concello ás 10.15 h. O regreso está previsto para as 14.00 h.

É unha actividade destinada a todos os públicos, e as prazas límitanse a 50.

Para formalizar a inscrición, podese enviar un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal ou chamar ao 660 004 665. O prazo para facelo remata o xoves 16 de abril, ás 14.00 h.