Pestanas principais

>Ruta de inverno

Domingo, 15 decembro, 2019
Das 10.30 ás 14.00 horas

Nesta actividade organizada pola Aula da Natureza do Concello de Ames, realizarase unha ruta por Agrón. Apreciaranse así acivros, ruscos, escaramuxos e outras curiosidades do bosque de Agrón no inverno. É unha actividade dirixida a todos os públicos.

Existirá un autobús gratuíto para asistir á actividade ás 10.15 horas na Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.30 horas na Praza do Concello de Bertamiráns.

É necesario a inscrición previa enviando un correo electrónico a auladanatureza@concellodeames.gal.