Pestanas principais

>Retransmisión do encontro entre as escritoras Charo Pita e Ana Griot

Luns, 19 outubro, 2020
Ás 20.00 horas.

 “Afinidades electivas”, un programa de animación á lectura, promovido polo Ministerio de Cultura a través da Dirección Xeral do Libro, trae a Ames a Charo Pita e Ana Griot. O acto celebrarase o luns 19 de outubro ás 20.00 horas, retransmitirase en directo a través da plataforma zoom. O id da reunión é: 824 8807 8782, e o código: Ames.

O evento literario, protagonizado polas escritoras trae a Ames a Charo Pita e Ana Griot, pretende impulsar a actividade cultural nas librerías e apoia a creación literaria a través da difusión lingüística e cultural. A proposta chega a Ames da man da libraría Lenda e conta coa colaboración da Biblioteca Municipal de Ames.

Ao encontro entre ámbalas dúas autoras poderanse unir todas aquelas persoas que o desexen a través da plataforma zoom. O id da reunión é: 824 8807 8782, e o código: Ames. Celebrarase o luns, 19 de outubro, ás 20.00 horas.