Pestanas principais

>Presentación literaria

Sábado, 28 setembro, 2019
Ás 12.00 horas

Este sábado, 28 de setembro, ás 12.00 horas, a Biblioteca de Bertamiráns, acolle a presentación do libro de literatura infantil, Ben va al Cole, da autora Dru Parbel. A presentación correrá  cargo da concelleira de Cultura, Natividade González Rodríguez.

Trátase dun conto para ensinar e mostrarlles aos nenos e nenas, de forma amena, como coñecer e actuar fronte ao " bullying", tan actual nos colexios hoxe en día. Neste conto poderase atopar o máis básico para que os rapaces e rapazas saiban reaccionar ante este tipo de acoso, que por desgraza dáse desde preescolar, co fin de previr futuros problemas e reaccionar adecuadamente para que os nenos/as, tanto aos que o practican como os que o sofren, para poder corrixir devanditos actos, desde a súa infancia. Un conto que ademais serve de axuda aos pais/nais, pola súa forma de explicar de forma sinxela, as causas e efectos do bullying en preescolar.