Pestanas principais

> Presentación de "Os libros que hai en min" de Emma Pedreira

Xoves, 4 novembro, 2021
Ás 20:30

O Pazo da Peregrina acolle hoxe, xoves 4 de novembro, ás 20:30 horas, a presentación do libro “Os libros que hai en min” de Emma Pedreira, editado pola editorial “Cuarto de inverno”.

A presentación do evento correrá a cargo da concelleira de Cultura, Natividade González.

A autora estará acompañada polo editor David Cortizo e pola xornalista e escritora, Nazaret López.

A entrada é libre até completar aforo.

O evento está organizado polas Bibliotecas de Ames dentro do seu Programa de  Animación á Lectura.